Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 17 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación implícase “ao 100% na loita contra a expansión da Vespa Velutina”

A Deputación asinou coa Universidade de Vigo un convenio para investigación “e dar unha resposta seria e rigorosa para poder establecer protocolos de actuación con garantías”.

[Img #36763]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou esta semana xunto a Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, e as investigadoras Josefina Garrido e María Calviño, o convenio que servirá para dar resposta á expansión que está tendo na provincia de Pontevedra a Vespa Velutina e ao seu efecto sobre a produción apícola.

 

No acto, Carmela Silva salientou que “na Deputación de Pontevedra, como xa amosamos durante o Pleno do 29 de setembro, estamos enormemente preocupados pola invasión da Vespa Velutina e pola pouca información existente ao respecto. Con este convenio queremos dotar de medios á investigación, pois senón hai coñecemento non se poderá resolver esta problemática.”

 

En relación á loita fronte a esta problemática, Carmela Silva deixou clara a implicación da institución provincial e reclamou á Xunta de Galicia “que como administración competente tomen as medidas necesarias porque isto é unha cuestión moi seria que está afectando dunha forma grave a nosa poboación, especialmente a sectores que tiñan unha proxección económica de futuro moi importante.” Durante a súa intervención, a presidenta da Deputación quixo unirse ás reclamacións expostas por Laura García Sáez, asesora xurídica da Asociación Galega de Apicultura, no Pleno da Deputación de Pontevedra demandando a necesidade dun plan de loita efectivo que conte cun financiamento e un seguimento axeitado.

 

 

 

 

O Reitor da Universidade insistiu na especial gravidade da expansión da velutina “estamos ante a filosera da apicultura, e todos sabemos como se arruinaron os cultivos de viño”

 

 

 

 

A Vespa Velutina ou asiática introduciuse en Europa por Francia e tivo unha rápida expansión. A día de hoxe xa forma parte  da lista de especies exóticas invasoras da Unión Europea  e do Estado español. Actualmente o 87 por cento dos concellos da provincia de Pontevedra está afectada pola presenza de niños, sendo as comarcas de Vigo, Baixo Miño, O Morrazo e o Deza as máis afectadas pola presenza deste insecto.

 

O descoñecemento do tratamento e o combate contra este insecto fai imposible o seu control no  seu desenvolvemento por toda a provincia. Por elo, a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo consideran necesario investigar como manexar a Vespa Velutina. En verbas da presidenta da Deputación, “este é un tema moi serio que require investigación. Aínda que non son as nosas competencias, como somos unha administración seria e responsable, ante un caso tan grave que afecta aos concellos da nosa provincia, consideramos fundamental a firma deste convenio. Co talento da Universidade de Vigo converterémonos nun referente no estudo sobre a velutina que permitiranos atopar instrumentos e tomar medidas para que a súa presenza non teña efectos negativos.”

 

 

 

 

A Presidenta compartiu as reclamacións da Asociación Galega de Apicultura e instou á Xunta, “que é a administración que ten as competencias”, a implicarse do mesmo xeito

 

 

 

 

En canto aos obxectivos desta investigación, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, explicou que “preténdese atenuar os efectos desta especie invasora e crear protocolos de actuación e de conducta que permitan ser máis eficiente que permita tranquilizar á poboación. En concreto marcámonos dous obxectivos básicos, por unha banda detectar os niños da maneira máis tempérana posible e por outro o estudo do comportamento desta especie a través da creación da primeira estación experimental.” A investigadora da área de ecoloxía, María Calviño, engadiu que con esta investigación “queremos establecer uns protocolos fáciles de poñer en marcha, que non sexan especialmente caros e que nos permita aumentar a eficacia da destrución dos niños.”

 

No marco deste convenio, a Universidade de Vigo vai a elaborar un protocolo para a detección dos niños mediante métodos baseados  no marcaxe con dispositivos que faciliten o seguimento da “Vespa Velutina” e que permita delinear as súas rutas  de alimentación.  E amais porá en marcha unha Estación Experimental, no Campus de Vigo, para o estudo desta nova especie que sería pioneira en Europa e que foi destacada por Josefina Garrido, investigadora da área de zooloxía especialista en artrópodos, pois segundo ela “poderemos coñecer aspectos do estudo que doutra maneira sería imposible.”

 

O convenio asinado durará ata o 31 de decembro de 2018 e suporá unha inversión da Deputación de Pontevedra dun total de 60.000 euros, os cales serán abonados en dúas anualidades, corenta mil euros neste 2017 e outros vinte mil no próximo ano. Amais, tal e como apuntou Carmela Silva, “se ao longo do estudo aparecen necesidades de ampliar a investigación ou de medidas que supoñan máis recursos, a Deputación de Pontevedra vaise implicar ao cento por cento.”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.