VIGO
Erguer estima nun 90% o seguimento folga Estudantil
Erguer. Estudantes da Galiza entende que a folga estudantil de hoxe, xoves 16 de novembro, demostra a vontade do estudantado de construír unha alternativa á LOMCE, ao Plan Boloña e ao 3+2, após o grande seguimento en todo o país con trece multitudinarias mobilizacións.
![[Img #36770]](upload/img/periodico/img_36770.jpg)
A Responsábel de Organización de Erguer. Estudantes da Galiza, Iria Figueroa, afirmou que “foi unha folga amplamente secundada tanto no ensino medio coma no universitario, na que Erguer encheu con mobilizacións as rúas de trece cidades e vilas galegas”. A isto engadiu que “os resultados do referendo realizado o mes pasado por Erguer, no que un 94% das case 8 000 estudantes que participaron en 70 centros de ensino do país votaron a favor dunha Lei Galega de Educación, véñense de referendar nas rúas mediante esta folga”.
O seguimento da folga no ensino medio foi do 90%, e na universidade estivo tamén preto desta cifra. Nas trece mobilizacións convocadas por Erguer saíron á rúa 4000 persoas, e Figueroa tamén afirmou que “baleiramos as aulas e enchemos as rúas de múltiples ciudades e vilas do país, con mobilizacións que demostran que o estudantado quere ser partícipe da elaboración dun modelo educativo alternativo que sexa verdadeiramente pedagóxico, que aposte pola normalización do noso idioma, que eduque en igualdade, que realmente nos forme e desenvolva a nosa capacidade crítica e no que poidamos aprender a realidade propia do noso país”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191