GALICIA
O TSX avala por completo a continuidade do decreto de vivendas de uso turístico
O máximo órgano do poder xudicial da Comunidade autónoma vén de desestimar o recurso interposto meses atrás por unha asociación e recoñece que non vulnera o dereito á liberdade de empresa e a libre competencia no sector.
O máximo órgano do poder xudicial da Comunidade autónoma galega, vén de desestimar por completo o recurso interposto meses atrás por unha asociación contra o decreto de vivendas de uso turístico de Galicia, que entrou en vigor o pasado 10 de maio para ofrecer un marco de seguridade xurídica tanto aos particulares como aos inquilinos deste tipo de aluguer.
Despois de que en xullo o TSXG permitise a continuidade do decreto rexeitando a suspensión cautelar que solicitaba esta asociación, os maxistrados do alto tribunal galego veñen agora de avalar por completo o decreto ao desestimar o recurso interposto por entender axustados a dereito cada un dos artigos da regulación autonómica sobre os que esta asociación centraba a súa impugnación. Desta maneira, o TSXG valora que o decreto posto en marcha pola administración autonómica “non vulnera o dereito á liberdade de empresa e a libre competencia no sector dos servizos de aloxamento”.
A Xunta de Galicia celebra "que o TSXG avale así que o decreto de vivendas de uso turístico ordena e non restrinxe a competencia, xa que aumenta a seguridade para os consumidores e para os particulares e as empresas que ofrecen este tipo de aloxamentos turísticos que a regulación ordena, como así o defende a Administración autonómica desde a súa entrada en vigor. Nestes meses, o decreto vén de demostrar que esta nova tipoloxía de aloxamentos se está a incorporar dun xeito moi natural á oferta de aloxamentos turísticos regrados da nosa Comunidade" sinanan.
Desde a súa entrada en vigor vén de demostrar que esta nova tipoloxía de aloxamentos se está a incorporar de xeito natural á oferta regrada da Comunidade
Compromiso co turismo ordenado e de calidade
De feito, a día de hoxe, Galicia conta con máis de 13.000 prazas, das que máis de 6.000 están provincia de Pontevedra, de preto de 4.000 na da Coruña, de case 2.500 na de Lugo e de 500 prazas en vivendas de uso turístico na provincia de Ourense. Operan vivendas de uso turístico en 8 de cada 10 concellos das provincias de Pontevedra e da Coruña, en 1 de cada 2 concellos da provincia de Lugo e en 1 de cada 3 concellos da provincia de Ourense.
O decreto de vivendas de uso turístico forma parte do compromiso da Xunta de Galicia cun turismo ordenado e de calidade, que aposta pola sustentabilidade e pola convivencia harmonizada con outras actividades. Redactouse con transparencia e man a man co sector, recollendo as súas inquedanzas, coa intención de elaborar un decreto consensuado, flexible e de moi sinxela aplicación sendo, en comparación con outras comunidades autónomas un dos decretos menos restritivos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149