MOS
Eva Iglesias de Land Rober encabezará a a Macro Clase de Zumba Móvete contra a Violencia
O Concello de Mos presentou a programación municipal con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
![[Img #36794]](upload/img/periodico/img_36794.jpg)
O Concello de Mos presentou esta semana no centro dotacional de Torroso a programación municipal organizada con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro.
A presentación contou coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, da concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, e de parte dos artistas participantes no programa de actos deste ano, tales coma os cantantes mosenses Íker Rodríguez, Antonio Barros, e Alba Iglesias; a pianista tamén de Mos, Ana Belén Rodríguez; e os nenos e nenas integrantes do Coro Escola de Música de Torroso.
A programación deste ano inclúe a presentación do novo CIM, a III Clase Colectiva de Zumba que nesta ocasión contará como convidada de honra con Eva Iglesias de Land Rober e o Concerto Voces Pola Igualdade.
O propio sábado 25 de novembro ás 11.00 horas da mañá realizarase no auditorio do Multiusos das Pozas a presentación do novo Centro de Información á Muller, CIM, de Mos. Terá lugar un almorzo cas diferentes asociacións veciñais, culturais, deportivas e sociais do municipio, representantes dos centros educativos, directora do Centro de Saúde, Policía Local, Garda Civil, Mulleres Rurais, mulleres de Teatro en Igualdade, sindicatos de traballadores, traballadores/as do departamento municipal de Servizos Sociais, etc … para dar a coñecer este novo recurso que o Concello ten a disposición do cidadán, dotado de atención psicolóxica e xurídica.
En dita xuntanza procederase tamén á creación do Consello da Igualdade formado por unha persoa representante de cada entidade das presentes.
Por outra banda o domingo 26 de novembro ás 12:00 horas no Pavillón Óscar Pereiro levarase a cabo a terceira edición de Móvete Contra a Violencia, Clase Colectiva de Zumba; que este ano contará coa divertida participación da actriz e humorista da TVG e integrante do elenco do programa Land Rober, Eva Iglesias.
Dentro da programación do día internacional contra a violencia de xénero, o Concello de mos pon en marcha por terceiro ano consecutivo unha Macro – Clase de Zumba dirixida a todas as idades co slogan “Móvete Contra a Violencia”; unha disciplina deportiva que está moi de moda e que se practica tanto no Pavillón Óscar Pereiro como en diferentes asociacións do municipio. A anterior edición foi un éxito rotundo contando coa participación de 400 persoas de todas as idades.
O obxectivo desta animada proposta é que toda a veciñanza tome conciencia en torno a esta grave lacra social que é a violencia de xénero.
Trátase dunha actividade gratuíta, á que se pode acceder de balde por parte de público de todas as idades, cuxo único requisito a cumprir debe ser a previa inscrición, ata o mércores 22 de novembro, na Piscina Municipal ou nos teléfonos: 986 33 40 70 (Piscina – Pavillón) e 986 33 72 78 (departamento de Servizos Sociais).
Por último, o mesmo domingo pola tarde, ás 18:00 horas, no auditorio do Centro Dotacional de Torroso celebrarase o concerto Voces pola Igualdade coas interpretacións e actuacións musicais dos cantantes Íker Rodríguez, Antonio Barros e Alba Iglesias, a pinanista Ana Belén Rodríguez, e os coros da Escola de Música de Torroso e “Elas” de Ames, Santiago.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191