MOS
Rematado o novo parque infantil das Pozas inspirado na reciclaxe
Coa finalización desta obra o goberno considera que remata o ano cos compromisos cumpridos e comeza a traballar no planning do ano que ven.
![[Img #36798]](upload/img/periodico/img_36798.jpg)
O goberno local mosense asegura que "afronta a recta final do 2017 cos deberes feitos e remata o ano cos compromisos adquiridos coa veciñanza de Mos cumplido"s. Compromisos entre os que se atopaba o novo parque infantil das Pozas, cuxa instalación xa se atopa finalizada e os cativos do municipio e as súas familias xa están a gozar de xornadas de lecer nel.
Os veciños e veciñas das Pozas trasladáranlle no seu momento á administración local a necesidade dun espazo de ocio, concretamente dun parque infantil, para os nenos/as de máis curta idade; xa que a zona se atopaba moi ben habilitada para a mocidade e os rapaces máis maiores, botando en falta un área específica para os máis cativos.
Agora, tal e como expresa a alcaldesa, Nidia Arévalo, “o goberno local xa nos atopamos traballando no planning do ano que ven, coa tranquilidade de ter feito en tempo e forma os deberes deste ano”.
O novo parque das Pozas (Petelos), sito xunto ao edificio Multiusos e ambientado na temática da reciclaxe, foi posible grazas a un convenio coa consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia o Concello de Mos. Este novo espazo de lecer continúa coa optimización do contorno do Multiusos e permitiu recuperar ambientalmente o espazo no que se atopa ubicado.
Tras a instalación da pista de skate, o parque contiguo á mesma, a humanización do vial que une a Capela de San Amaro co Multiusos e a decoración dunha das paredes do edificio cun gran graffiti que pretende ser motivador para a mocidade mosense; a administración local acometeu este un novo parque infantil nesta zona que en cuestión de meses experimentou unha transformación en positivo moi notable.
A ubicación escollida para a creación deste novo parque infantil é una parcela municipal situada ó norte do edificio Multiusos, situada á esquerda da vía de comunicación que une o edificio Multiusos co Pavillón Óscar Pereiro e a piscina municipais, así como tamén cos centros escolares CEIP de Petelos e Instituto.
As obras consistiron na adecuación do terreo para obter as sub-bases necesarias para garantir a estabilidade do firme. Para o cal foi necesario o desbroce e nivelación da superficie afectada (9x20m), así como o aporte de xabre compactado. Posteriormente procedeuse á instalación dos elementos de xogo que compoñen ó parque infantil, sendo o reto principal no deseño desta área a temática do reciclaxe, para dende o xogo inculcar os valores do reciclaxe. Ditos elementos son un pórtico de columpio con asento plano e cuna, un pórtico de columpio cesta, un equipo combinado de dúas torres con tobogán simulando contedores do lixo, dous xogos de muelle e un carrusel.
Tamén se contemplou á hora de deseñar a área de xogos a inclusión de tódolos nenos/as, tendo en conta ás posible minusvalías que poidan sufrir, conseguindo deste xeito que tódolos cativos/as se integren totalmente no xogo e que poidan acceder facilmente ás instalacións (tanto os nenos/as como os pais ou acompañantes).
Os traballos completáronse co acondicionamento da superficie amortecedora de impactos coa instalación de céspede artificial en toda a superficie. E por último a instalación do cartel informativo e dun valo de madeira tratada en todo o perímetro.
O orzamento total requerido para a realización desta actuación ascendeu a 36.000 euros, IVE incluído.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191