Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 18 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

A Arquitectura Educativa e a Cidade Histórica centran as visitas culturais guiadas desta fin de semana

Serán o sábado e o domingo ás 19.15h dende a Praza da Inmaculada.

[Img #36816]

 

Dobre proposta é a que hai esta fin de semana dentro da programación das Visitas Culturais gratuítas, que organiza o Concello de Tui até finais de ano, guiadas polo historiador tudense Suso Vila.


A primeira cita será mañá sábado, ás 19.15h, con saída dende a praza da Inmaculada para realizar un percorrido aproximado de 60 minutos pola “Arquitectura educativa en Tui”.  Os asistentes a esta visita poderán coñecer o patrimonio educativo tudense vinculado aos edificios que se construíron con uso educativo durante o século XIX coma a Escola de Nenas e o Colexio de Primeiras Letras, ambos na rúa Sanz, o edificio dos Estudos de Gramática que actualmente ocupa o albergue de peregrinos, ou o Seminario Menor.  O percorrido irá, tamén, por outras rúas con inmobles que aínda que foron construídos con outra finalidade tiveron igualmente uso escolar.


Mentres o domingo, tamén ás 19.15h, dende a praza da Inmaculada, partirá a visita “A cidade histórica” cuxo obxectivo é rememorar a evolución da cidade ao longo de máis de 800 anos. O roteiro previsto permitirá redescubrir o perímetro amurallado da cidade, e os edificios relixiosos, civís e residenciais de intramuros que foron marcando a traxectoria da cidade ao longo do tempo.  No paseo poderá verse coma a Cidade Histórica é froito dun longo proceso ao longo dos anos que ten deixado unha gran riqueza arquitectónica e patrimonial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.