VIGO
O Concello adxudica a construción do "macroparque infantil" de Venezuela, de 1.000 m2
O alcalde anunciaba o pasdo venres a adxudicación das obras, para as que o goberno vigués reserva 767.000 euros. Este novo "marcoparque infantil" gañará espazo coa supresión do terceiro carril de circulación de Venezuela e "porosidade" con dous pasos de peóns ante o recinto.
En rolda de prensa, Caballero destacou que a adxudicataria reduce a dous meses o prazo de execución das obras e amplía a dez anos a garantía dos xogos instalados no futuro "macroparque infantil" de Venezuela, que será ampliado ata os mil metros cadrados de superficie.
O rexedor explicou que a actuación suporá a retirada do pavimento actual e a instalación de caucho protector e supoñerá ademais a instalación dunha xardineira fronte ao parque. A obra inclúe o cambio do entorno, pois a ampliación do tamaño do recinto infantil implicará a supresión do terceiro carril de Venezuela -o máis próximo ao parque actual-, espazo que será ocupado pola fila de estacionamentos.
Destacou Caballero que, á altura do parque, o Concello "instalará dous grandes pasos de peóns con doce balizas luminosas, nos laterais de entrada e saída do aparcamento, co que Venezuela gañará en 'porosidade'".
Skate en Navia
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o expediente de contratación das obras de construción dun parque de skateboard, BMX e Roller Vert Wall no parque de Navia, segundo revelou este pasado venres Abel Caballero.
O Concello reserva 300.000 euros para esta obra, que se emprazará no cruce de Pedra Seixa e Limpiño, na parque alta do parque de Navia. A instalación dará cabida á práctica do Roller, Skate e do BMX con aproximadamente 2.000 metros cadrados de superficie total.
Xunto ao de Navia, o goberno vigués está ultimando o parque de Skate de Barreiro, en Lavadores, e agarda polos informes de Patrimonio da Xunta de Galicia para acometer a remodelación da pista do Castro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191