O PORRIÑO
O Goberno local cualifica de “burla” que ADIF non contemple a supresión do paso a nivel do Porriño
Dende o goberno municipal din que é unha “vergoña” que se ignore a seguridade dos veciños cando hai tres anos que pasan a máis de 150 quilómetros hora polo centro da vila
![[Img #36891]](upload/img/periodico/img_36891.jpg)
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) vén de enviar aos medios información sobre a adxudicación da redacción dos proxectos que permitirán a “supresión progresiva de 74 pasos a nivel ata o ano 2024”.
Na mesma nota, ADIF sinala que o obxectivo deste proxecto é o de “contribuír a incrementar a seguridade das liñas ferroviarias, especialmente naquelas zonas nas que la circulación de vehículos incrementouse nos últimos anos”.
Entre eses 74 pasos a nivel a suprimir nos vindeiros anos, unha vez máis, non está o de O Porriño, maila a que a directora xeral de Explotación e Construción do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), Isabel Pardo de Vera, puido comprobar, en persoa, o pasado 21 de setembro, a situación da liña ferroviaria, que divide en dous partes á nosa vila, con trens que circulan a máis de 150 quilómetros hora polo centro do casco urbano.
O Goberno local lamenta o que considera unha burla máis, tanto de ADIF coma do Ministerio de Fomento e do Goberno de España que, de novo, desenténdese das veciñas e veciños do Porriño e da súa seguridade, sen ter en conta que hai apenas un ano sufrimos un accidente mortal, que de producirse na zona na que está o paso a nivel tería sido unha traxedia de grandes proporcións.
Dende o Goberno municipal parécelle unha vergoña que ADIF, que depende do Ministerio de Fomento e por tanto do Goberno central, non escoite aos porriñeses e ignore ao Propio Parlamento de Galicia que o pasado mes de decembro, na súa Comisión de Infraestruturas aprobara unha proposición non de lei para desbloquear a saída sur ferroviaria de Vigo e desprazar o tren do centro do Porriño.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, dixo “non”, á directora xeral de Explotación de ADIF cando considero ‘encaixar’ entre muros o paso do tren polo centro do Porriño, obrigando aos peóns a pasar por baixo da vía e aos coches por un paso elevado, e reitera o que manifestou á señora Pardo de Vera: “non hai máis solución que un cambio do trazado da vía que os responsábeis de ADIF vían posible en 2006, contando para elo co acordo entre o Goberno do Estado, o Goberno de Galicia e os concellos de Mos e O Porriño”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191