Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 20 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Instalada a sinalización turística do Camiño de Santiago

A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, fixo esta mañá xuntos cos integrantes da Mesa do Camiño do Concello de Mos un tramo a pé no que puido comprobar o resultado dos traballos.

[Img #36856]

 

Xa se atopan finalizados os traballos de instalación da nova sinalización turística no Camiño de Santiago ao seu paso de Mos, que hoxe se achegaron a ver Nava Castro, directora da Axencia de Turismo de Galicia e Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, que estiveron acompañados pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo, demais membros do equipo de goberno local e integrantes da Mesa do Camiño do Concello de Mos; para o que realizaron todos xuntos o tramo a pé que vai dende o albergue de peregrinos da Veigadaña ata o Pazo de Mos.


A instalación desta sinalización foi posible grazas ó convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a administración local mosense para a sinalización para a posta en valor da marca ‘Mos, a Rosa do Camiño’.
Grazas ao devandito convenio realizaranse unha serie de actuacións con orzamento de 20.892,27 euros dos cales 15.041,25 euros foron financiados pola Axencia Turismo de Galicia e os 5.851,02 euros restantes asumiunos o Concello.


Os sinais que se instalaron teñen o obxecto de aportar información e promocionar a actividade turística de interese e ámbito local e conteñen a Marca Turística de Galicia.


Os elementos de sinalización que se instalaron e que foron colocados ao longo do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso por Mos inclúen tres tipos de sinais tales coma frechas de madeira, tótems de benvida e carteis-directorio planimétricos culturais.


A finalidade deste proxecto de sinalización direccional é que os peregrinos non se perdan nin se desvíen da ruta. O obxectivo principal desta actuación é que o peregrino saiba cando entra e cando sale de Mos e que durante o tramo mosense se sinta o máis a gusto e o máis cómodo posible; e, por suposto, sen sufrir ningún tipo de incidente.


O Concello de Mos nunca esquece que é un municipio do Camiño e, sabedor de que ser paso do Camiño de Santiago é o seu principal activo cultural e turístico, pon o máximo empeño en coidar, mellorar e implementar dito activo.


Esta iniciativa da posta en valor da marca ‘Mos, a Rosa do Camiño’, comezando por este proxecto de sinalización do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos, foi abordada e aprobada pola Mesa local do Camiño, constituída o 28 de febreiro do presente ano. A Mesa do Camiño constituiuse xa baixo o paraugas da marca ‘Mos, a Rosa do Camiño’. Quérese potenciar esta marca por ser a rosa o símbolo municipal representado na bandeira e o escudo locais, ademais do principal emblema cultural da localidade, coa Festa da Rosa á cabeza; celebración que foi declarada de Interese Turístico de Galicia fai dous anos.


Así que, para poñer en valor e potenciar dita marca, decidiuse sinalizar todo o Camiño de Santiago Portugués ao seu paso por Mos con sinais direccionais que lles sirvan de orientación aos moitos peregrinos que pasan pola localidade mosense.


Este proxecto de sinalización do Camiño inclúe un modelo de sinal e panel informativo con datos moi completos mediante o que os camiñantes, nada máis saír do Porriño, teñen información do tipo: cantos quilómetros lles quedan ata o Pazo de Mos, que ao chegar ao Pazo atoparanse tamén cun albergue de peregrinos, tenda, bar, restaurante, cafetería, etc. Este proxecto está rexido pola normativa establecida polo Xacobeo.


Tras a andaina realizada polos representantes autonómicos, membros do goberno local e integrantes da Mesa do Camiño do Concello de Mos, celebraron unha reunión no Pazo de Mos na que se abordaron as iniciativas a acometer no tramo mosense do Camiño Portugués ás que a directora da Axencia de Turismo, Nava Castro, manifestou o seu apoio tales coma instalación de cubre contenedores de madeira, organización dun programa de actividades culturais, mellora do propio tramo do camiño con obras de optimización do firme e do sistema de recollida de augas pluviais e estudiarase tamén a posibilidade de crear algunha área de descanso tipo merendeiro.


Mesa do Camiño
Pola súa banda as representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, anunciáronlles ós integrantes da Mesa do Camiño que a oficina de turismo que se atopa en Sanguiñeda xunto ao supermercado Gadis será trasladada a uns metros, xunto á Capela das Angustias, para que se atope sita en pleno Camiño de Santiago e os peregrinos que desexen pedir información non teñan que desviarse en absoluto da súa ruta.


Por último, alcaldesa e concelleira informaron de que antes de que remate o 2017 convocarase a última Mesa do Camiño do ano.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.