VIGO
A Xunta inicia as obras de instalación do semáforo na estrada de Zamáns a Fonte do Seixo
O Goberno galego inviste na instalación desta nova sinalización máis de 56.400 euros e os traballos contan cun prazo máximo de execución dun mes.
![[Img #36864]](upload/img/periodico/img_36864.jpg)
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez, desprazouse onte ata a PO-331, estrada de Zamáns a Fonte do Seixo, para supervisar o inicio das obras de instalación do semáforo da intersección á altura do p.q. 8+250 no termo municipal de Vigo.
O obxectivo desta actuación na que o Goberno galego inviste, segundo o orzamento base de licitación, 56.443,56 euros é o de ordenar a circulación e mellorar a seguridade viaria no devandito punto quilométrico.
Así, os traballos consistirán na realización de toda a obra civil necesaria para implantar, posteriormente, a sinalización semafórica. Asemade, realizarase un fresado do firme no tramo da intersección e a reposición do mesmo. Tamén está prevista a restitución e instalación da sinalización vertical e horizontal pertinente.
As obras, cun prazo de execución dun mes, acometeranse en terreos de dominio público adscritos a Axenda Galega de Infraestruturas (AXI) e polo tanto non será necesario realizar expropiacións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191