Viernes, 10 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 22 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Gran acollida do tradicional concerto de Santa Icía da Agrupación Musical de Goián

Baixo a batuta de Pedro Villarroel, os músicos percorreron algún dos musicais máis coñecidos polo público xeral.

[Img #36867]

 

A Agrupación Musical de Goián vén de celebrar o seu tradicional concerto de Santa Icía, un ano máis cun éxito total de acollida por parte do público. Un ateigado auditorio de Goián acolleu as actuacións da banda xuvenil e da propia agrupación coas que, baixo a batuta de Pedro Villarroel, fixeron un percorrido por algún dos musicais máis coñecidos da historia do cine.  O ‘Rei León’, ‘Grease’, ‘Chess’, ‘Elisabeth’ ou ‘Cats’ foron algúns dos acordes escoitados ao longo de preto de hora e media de espectáculo.


E como ven sendo tradición, tras o concerto a festa continuou coa tradicional cea de Santa Icía, na que a Agrupación Musical de Goián invita aos alumnos e alumnas da escola musical, así como ás súas familias, para unha xornada de convivencia e diversión. A actuación tamén contou cunha nova edición dos premios AMG, nos que, a través do humor, se recordaron algúns dos momentos máis relevantes do ano para a entidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.