Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 21 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG solicita ao concello que estude a posible afección do lindano en Mos

Ademais pregunta no pleno que actuacións se están levando a cabo.

Ante as preocupantes noticias que están vendo a luz estes días, o BNG interésase "pola posible afección que o lindano poda ter na zona limítrofe con O Porriño". Por esa razón veñen de presentar un escrito para que desde o goberno, se estude esta afección, así mesmo realizarán unha pregunta no pleno para saber as medidas que se están a tomar.

 

"Realizar análises das augas debe ser prioritario, e desde o goberno do concello se nos remite á Xunta de Galiza, que está realizando este seguimento, deixando toda a responsabilidade no ente autonómico" explican.

 

Desde o Bng consideran "importante estar en contacto cos veciños/as da zona, sobre todo cos máis maiores , para que poidan identificar os lugares onde se puidera ter botado esta terra contaminada. E este labor o debe de realizar o concello xuntamente coa asociación de veciño/as".


Desde o Bng fan un chamamento "ao goberno do concello a que tome un papel máis activo e non delegue a responsabilidade só na Xunta"

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.