GALICIA
A Xunta pide reducir os consumos de auga
A Xunta de Galicia ven de instar aos concellos que se abastecen dos sistemas hidrolóxicos do sur da provincia de Pontevedra a reducir nun 10% os consumos non esencias nos próximos días. Esta foi unha das decisións que o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, trasladou aos concellos afectados pola activación da alerta por seca no sistema dos ríos Verdugo, Baíña e Lagares (Sistema1) e dos ríos de Oia, O Rosal, que verten á Costa Atlántica (Sistema 2), cos que mantivo unha nova reunión de coordinación.
Tamén indicou que se esta situación non varía, esta porcentaxe irase incrementando ata un 35%, co fin de estar preparados para a toma de decisións, en caso de maior gravidade. Nese sentido, recomendou aos concellos, como administracións competentes das redes de abastecemento, adoptar as medidas necesarias para acadar esta redución e poder así alongar os recursos cos que se conta, dado que hai marxe, a pesar de que os encoros contan cun 15% menos dos recursos medios propios desta época do ano.
Roberto Rodríguez insistiu que na actualidade o abastecemento á poboación está garantido, pero que este non é ilimitado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149