GALICIA
Unha rede dixital de 34 cámaras vixiarán a superficie forestal
A Xunta porá en marcha unha rede dixital de vixilancia forestal para apoiar os sistemas de prevención, detección e seguimento dos lumes de xeito que os novos focos poidan detectarse coa máxima rapidez posible.
![[Img #36896]](upload/img/periodico/img_36896.jpg)
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo anunciouno recentemente logo de lembrar que este sistema xa se puxo en marcha de xeito piloto nos últimos anos, Feijóo explicou que a rede se baseará na instalación de cámaras de videovixilancia dun xeito proporcional á actividade incendiaria de cada lugar. Esta rede despregarase nas infraestruturas das que dispón o operador público de telecomunicacións, Retegal. Nunha primeira fase, instalaranse cámaras en 34 centros de Retegal, que facilitarán cobertura visual de 1,4 millóns de hectáreas, que representan o 48% do territorio galego.
O presidente da Xunta subliñou que nesta superficie se incluirán terreos das 73 parroquias de alta actividade incendiaria (PAAI), as zonas de alto risco que recolle o Pladiga. “A xestión da rede dixital de vixilancia forestal realizarase a través dunha plataforma tecnolóxica que permitirá a observación remota dos montes desde un centro de control que estará operativo as 24 horas do día”, engadiu, incidindo en que, deste xeito, os axentes e técnicos forestais poderán acceder en tempo real ás imaxes, incluso a través de dispositivos móbiles.
“Esta medida poderá ampliarse con base nas necesidades que detecten os equipos forestais”, explicou. Esta segunda fase perfeccionará a rede ampliando a súa cobertura e incorporando as novas solucións que vaia permitindo a evolución tecnolóxica a través dunha consulta pública ao mercado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149