VIGO
Ambiente solicita a Vigo que constate as medidas adoptadas polo Concello para reducir o consumo de auga
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o director xeral de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, mantiveron hoxe un encontro co alcalde de Vigo, Abel Caballero, para analizar a situación da seca na cidade olívica e a súa contorna.
![[Img #36905]](upload/img/periodico/img_36905.jpg)
A Consellería de Medio Ambiente vén de solicitar ao Concello de Vigo que constate as medidas adoptadas pola administración local para a redución do consumo que palie os efectos da seca. “Con eses datos na man será posible avaliar outro tipo de medidas como a redución do caudal ecolóxico”, asegurou a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, que se reuniu hoxe co rexedor vigués, Abel Caballero, nun encontro na sede de Augas de Galicia.
Mato Otero lembrou que non é posible a redución do caudal ecolóxico mentres non se certifique a posta en marcha doutras medidas, tal e como contempla a lexislación de augas da comunidade autónoma e se reflicte no Real decreto 11/2016, do 8 de xaneiro polo que se aproba o Plan Hidrolóxico de Galicia Costa.
Así, explicou é preciso que os concellos constaten as reducións en actividades de ocio ou usos industriais antes de tomar outras medidas como reducir o caudal ecolóxico xa que podería xerar problemas no ecosistema. Neste senso, hai que lembrar que a orde de usos prioritarios marca -en primeiro lugar- o abastecemento á poboación e, en segundo, os usos ambientais nos que se enmarca o caudal ecolóxico por enriba do consumo industrial.
Mato avanzou que o vindeiro venres celebrarase a terceira reunión de coordinación cos concellos que se abastecen do sistema do río Verdugo Baíña e Lagares e dos ríos de Oia, O Rosal, na que se poderán constatar os datos unha vez pasados os 10 días desde que se reiterou aos municipios da área a necesidade de reducir o consumo da auga, fixado no último encontro nun 10%
Na reunión de hoxe tamén se puxo sobre a mesa a construción do azud, unha medida que ambas administracións asumiron que non daría resposta a unha posible situación de emerxencia se non chove nos próximos dous meses o suficiente, dado que só para a construción desta infraestrutura serían necesarios 6 meses de execución, polo que non se contaría coa marxe suficiente para garantir o abastecemento á poboación, uso prioritario. Así mesmo, desde Augas de Galicia lembrouse que esta infraestrutura non é tampouco unha solución para o abastecemento a medio e longo prazo, para o que habería que estudar outras alternativas.
Por tal motivo, quedaron emprazados ao encontro do venres para poder avaliar nestes próximos días as posibles alternativas para por en marcha unha infraestrutura hidráulica provisional que permitise actuar na situación actual de cara a que se garanta o abastecemento, que cómpre lembrar é de competencia municipal.
A reunión convocada para o venres será tamén cos concellos co resto dos concellos que se abastecen do río Verdugo Baíña e Lagares co fin a de analizar se as medidas ás que se lles instou o pasado martes, e unha vez se cumpren os dez días, están a dar resultados.
Neste sentido, a conselleira recordou que non é a primeira xuntaza que se mantén co concello de Vigo, a pasada semana houbo outra; na que participaron técnicos o concello de Vigo e na que se adoptou o obxectivo de reducir o consumo global dos consumo non esencial nos próximos dez días.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191