Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 22 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Abrtes de que remate o ano iniciarase a primeira fase do Parque da Pesqueira

Os traballos comezarán antes de final de ano grazas a unha subvención da consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

[Img #36909]

 

O Concello de Mos iniciará antes de final de ano as obras de acometida do novo parque da Pesqueira, á beira do río Louro, que fóra anunciado o pasado mes de setembro pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e polo concelleiro de Patrimonio, Camilo Augusto, xa que foi necesaria a compra de terreos a particulares para poder dispoñer do espazo necesario.

 

O proxecto desta área de lecer na parroquia de Mos consta de tres fases e a que empezará a construirse antes de que remate o presente 2017 é a primeira fase, para a que a rexedora local logrou o compromiso de apoio económico por parte da consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia que dirixe a conselleira Beatriz Mato.

 

O proxecto íntegro, incluídas as tres fases dentro das cales se contempla a instalación dun Parque da Auga, está valorado en 200.000 euros. Pola súa banda esta primeira fase, de acometida inminente, ten un orzamento de 60.000 euros.

 

A actuación proposta para a primeira fase entra dentro dos supostos de interese público porque xustificase a necesidade de dotar de instalación de recreo unhas parcelas na zona da Pesqueira, xunto o Paseo do Louro, para dedicar a zona para esparcemento público para as persoas e instalación de parque de xogos en diferentes fases.

 

Resulta idónea a instalación porque as parcelas son colindantes co paseo do Louro o que supón unha vantaxe de excelente instalación como área de lecer dunha zona moi transitada.

 

Resulta interesante e necesaria a actuación polos seguintes motivos: a parcela municipal que se pretende actuar co presente proxecto está nun ámbito moi transitado polos veciños e supón unha actuación de recuperación ambiental e posta en valor, na actuación promóvese a recuperación ambiental centrándose na instalación dun parque con temática de esparcemento e xogo dos nenos, unha vez creado o parque nun futuro realizaranse actividades no entorno e a proposta encaixa ambientalmente co entorno e pon en valor a parcela municipal.

 

As obras consistirán na adecuación do terreo para obter as sub-bases necesarias para garanti-la estabilidade do firme. Para o cal é necesario o desbroce e nivelación da superficie afectada (12x20m), así como o aporte de xabre compactado. Posteriormente procederase a instalación dos elementos de xogo que comporán ó parque infantil, sendo o reto principal no deseño desta área a temática do esparcemento. En aras de acadar o devandito obxectivo instalaranse diversos elementos de xogo tales como un pórtico de columpio pendular, equipo combinado de trepas e xogos de muelle para ir de pé.

 

Tamén se contempla á hora de deseñar a área de xogos a inclusión de tódolos nenos, tendo en conta ás posible minusvalías que poidan sufrir, conseguindo deste xeito que tódolos nenos se integren totalmente no xogo e que poidan acceder facilmente ás instalacións, tanto os nenos como os pais ou acompañantes.

 

Nesta primeira fase realizarase o acondicionamento da superficie amortecedora de impactos ca instalación de céspede artificial en toda a superficie. E por último a instalación do cartel informativo e dun valo de madeira tratada en todo o perímetro.

 

Toda a instalación do parque terá as medidas de seguridade e saúde segundo a normativa vixente así como o respeto ao medio ambiente.

 

Terreos

O pasado 28 de setembro o Concello de Mos asinou a adquisición de 4.000 metros cadrados de terreos para a realización do novo parque na Pesqueira (parroquia de Mos) integrado no Sendeiro Ecolóxico do Río Louro e que incluirá diversas áreas de xogo para distintas idades, zonas de recreo e lecer, e un Parque da Auga.


O acto de sinatura formalizouse cos propietarios dos terreos adquiridos pola administración local.


O novo parque agrupará un Parque da Auga, un parque infantil (primeira fase que vai comezar próximamente), elementos biosaudables para adultos e unha zona de esparcemento e lecer que inclúa merendeiro con mesas, bancos, arboleda, etc.


A idea de incluír un novo Parque de Auga surxiu da enorme afluencia e o gran éxito que ten o xa existente Parque da Auga de Sanguiñeda. “Agora con este novo proxecto crearemos un Parque da Auga a maiores no outro extremo do municipio e nunha zona, como é o Paseo do Louro, enormemente transitada e concorrida pola veciñanza mosense, tanto para facer deporte como para pasear ou compartir o tempo de lecer cos máis cativos das familias”, declararon os representantes municipais Arévalo e Augusto.


A alcaldesa e o edil de Patrimonio consideran que “con este novo parque lograrase que o Paseo do Louro continúe crecendo en número de visitas e visitantes –xa que é un dos principais atractivos naturais do municipio, sendo xa unha zona moi transitada e cunha gran demanda- ao incluír un atractivo maior: un espazo que aglutinará zonas de ocio para todas as idades e onde poderán divertirse xuntos avós/as con netos/as, pais/nais con fillos/as, etc.” E é que o actual parque da Pesqueira, situado tamén xunto ao paseo pero do outro lado da estrada, conta só con elementos infantís e debido á gran afluencia diaria de familias quédase xa pequeno.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.