VIGO
Nace o Galician Freaky Film Festival, un certame de cinema e cultura freak de orixe galega
A organización avanzará as principais novidades desta primeira edición que se celebrará en Vigo o 21, 22 e 23 de decembro.
A Asociación Cultural Reencanto Produccións, organizadora do Primavera do Cine en Vigo e agora tamén do Galician Freaky Film Festival, informará sobre as principais novidades coas que contará este primeiro e novedoso festival que pretende revolucionar a cidade de Vigo. Ademáis de presentar o cartel oficial do evento.
O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL
O Galician Freaky Film Festival é un certame de cinema e cultura freak de orixe galega que terá lugar o 21, 22 e 23 de decembro. Tres días nos que se proxectarán máis de 20 pezas audiovisuais galegas, entre curtametraxes e longametraxes, e onde haberá diversas charlas cos autores das obras.
O urban market Progreso 41 decidiu apoiar o festival e só para a ocasión, inaugurarase un espazo único, acorde o certame, que dará cabida a todos os asistentes que desexen ver os filmes.
Hoxe xoves 23 ás 12.00 h, ó carón do Dinoseto, terá lugar a presentación do evento
Unha parte moi importante do evento está composto polos actos paralelos. Por iso, ademáis dunha performance que se fará na rúa do Príncipe, tamén haberá varias sorpresas e dous concertos a cargo de dúas bandas ben consolidadas no panorama musical. Por un lado, Mad Martin Trio, que actuará o venres 22 no Transilvania e, por outro, Igmig que tocará no fin de festa deste festival o sábado 23 no Mogambo.
En definitiva, tres días nos que o Galician Freaky Film Festival quere reivindicar o freakismo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191