Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 23 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello de Mos acolle ao “camiñante verde”

Martin Hutchinson, peregrino medioambiental, leva 12 anos dando a volta ao mundo para concienciar sobre a contaminación e o cambio climático.

[Img #36927]

 

Non podía chegar ao sur de Pontevedra o ex bombeiro británico Martin Hutchinson nun momento máis oportuno, no que a alarmante seca provoca restriccións de auga en empresas da área de Vigo e os embalses de Eiras e Zamáns rexistran o seu mínimo histórico, superando en moi pouco o 35% de capacidade.

 

 

Hutchinson é coñecido como “o camiñante verde” ou o “Forrest Gump medioambiental”, xa que aos seus 55 anos leva 12 dando a volta ao mundo concienciando sobre o cambio climático, o quentamento global e o dano causado polo ser humano no Medio Ambiente. Comezou a súa peregrinaxe a pé por Sudamérica para logo dar o salto a Europa e cambiar o seu medio de transporte á bicicleta. Ademais incorporou á súa expedición un fiel compañeiro, o can Starsky, que atopou abandoado na localidade lusa de Portimao e decidiu adoptalo (é curioso ver a un inglés falándolle en portugués ao seu can, idioma natal do animal; unha mostra de respecto que di moito deste home amante da natureza por riba de todo).


O azar, a casualidade, ou a causalidade quixeron que Martin fixese parada onte pola mañá (coa única compañía da súa bici e do seu can Starsky) no Concello de Mos para pedir indicacións sobre como chegar á base de bombeiros de Vigo e para expoñerlle o seu proxecto á alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e ao concelleiro de Medio Ambiente, Cándido Pérez. Tras reunirse cos representantes municipais, que lle ofreceron pernoctar na base do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil sito na Veigadaña, decidiu instalarse, alomenos por esta noite, en Mos e grabar sendos vídeos de concienciación para a súa popular canle de YouTube na zona cero mosense dos incendios do pasado outubro, en Louredo, e nos embalses de Eiras e Zamáns.


Martin Hutchinson chegou a Mos procedente do veciño Portugal, país que leva meses percorrendo na súa bicicleta. Agora diríxese cara ao norte e a súa seguinte parada, despois de España, será Francia.


Hutchinson é especialmente sensible cos paisaxes anegados de lixo e plástico que lamentablemente cada vez son máis frecuentes. A súa vontade de concienciación nace cun imprescindible compoñente educacional, por iso ten sido ponente altruista e desinteresado en universidades e colexios dos diferentes países polos que leva viaxado.


Considera Martin que a debacle medioambiental está a ter consecuencias sobre a nosa saúde, apuntando que moitas das enfermidades contemporáneas teñen como detonante a contaminación.


Este “Superman medioambiental” destaca tamén as dificultades que atopa para lograr aloxamento ao que acceder coa súa bicicleta. Dí que moitas veces logra durmir seguro grazas á colaboración dos bombeiros ou de particulares, pero a maioría das veces ten que acabar facéndoo na rúa.


Vive de xeito moi sinxelo, sen gastar práticamente nada e tirando de aforros cando o precisa, Hutchinson só acepta aloxamento, comida e apoio para difundir a súa mensaxe, xa que non quere, de ningún xeito, lucrarse con esta hazaña medioambiental que xa se ten convertido no seu estilo de vida.


Martin Hutchinson é testemuña directa e veraz do deterioro medioambiental mundial, unha degradación tristemente acontecida a mans do home. Proba delo son os máis de 7.000 vídeos que ten colgados en YouTube.


Agora, froito da casualidade, Hutchinson está en Mos e o Concello decidiu acollelo con hospitalidade e facerse eco da súa loable mensaxe.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.