MOS
Humor para rematar o ano e comezar con bo pé o 2018 en Mos
O Ciclo de Monólogos IMos Rir trae á localidade mosense a artistas da talla de Manquiña, Pablo Carbonell, José Corbacho e Carlos Blanco.
![[Img #36960]](upload/img/periodico/img_36960.jpg)
Esta semana presentouse no Concello o Ciclo de Monólogos IMos Rir. Na presentación estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo de Mos, Julia Loureiro, concelleira de Participación Cidadá de Mos, Juan Quintela e Indalecio Caballero en representación de Moitamerda Promocións e Camilo Grandal, presidente da Comunidade de Montes de Torroso, en representación do Centro Dotacional.
IMos Rir é o nome co que nace o primeiro ciclo de humor que se empezará a desenvolver, desde este venres 29 de decembro, no auditorio do Centro Dotacional de Torroso. Nace en colaboración entre o Concello de Mos e a Promotora galega de espectáculos Moitamerda Promocións, especializada no desenvolvemento deste tipo de eventos por toda Galicia. Comezarán as actuacións o venres 29 de decembro ás 21 horas co monólogo do actor e humorista galego Manuel Manquiña.
O segundo en facernos rir será o cómico e cantante andaluz Miguel Ángel Rodríguez, "El Sevilla", o domingo 14 de xaneiro ás 20 horas, co seu espectáculo "Reflexiones del hombre lengua".
En febreiro será a quenda do mítico cantante, actor e cómico andaluz Pablo Carbonell, que estará connosco o domingo 4 ás 20 horas, co seu novo monólogo "Para habernos matao".
O turno o domingo 18 de marzo ás 20 horas chegaralle ao máis grande dos cómicos e contadores de historias da cultura galega, o vilagarcián Carlos Blanco.
Abril será o mes no que chegue ao auditorio de Torros o mediático actor catalán José Corbacho, recentemente finalista no programa de TVE, Masterchef Celebrity 2. O domingo 22 de abril ás 20 horas representará o seu show "Corbacho 5.0".
O broche de ouro poñerao o cómico, actor e escritor vigués Miguel Lago, que triunfa polos teatros de toda España co seu humor acedo e sen censura que engancha ao público en cada un dos seus espectáculos. Será o domingo 13 de maio ás 20 horas co seu espectáculo "En directo 2.0".
Todos os espectáculos cómicos celebraranse no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, situado na estrada Puxeiros-Mos. O aforamento do auditorio é de algo máis de 300 persoas e prevese unha gran asistencia de público de toda a comarca. A venda de entradas online será a través da plataforma www.woutick.es e tamén haberá puntos de venda física de entradas na cafetería do Centro Dotacional de Torroso, no quiosco Sendín, rúa Pizarro 46 de Vigo, e no JJ Copas, avenida de Galicia 12 de Ponteareas. Os prezos, moi alcanzables en comparación ao que se cobra por estes espectáculos en calquera capital, serán de 10 euros máis gastos de xestión se se compra a entrada anticipadamente e de 13 euros se se compra o mesmo día do espectáculo no despacho de billetes do auditorio. Non se recomenda a entrada aos espectáculos a menores de 12 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191