Jueves, 13 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 26 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
AS NEVES

As Neves modifica o seu orzamento en 150.000 euros para facer fronte danos polos incendios

O Concello das Neves decretou de urxencia reparacións en estradas, no saneamento e no alumeado. Ademáis a limpeza de instalacións e adquisición de contedores.

O goberno municipal informou da celebración dun Pleno extraordinario no cal se propuxeron tres modificacións orzamentarias para dotar partidas necesarias para facer fronte a gastos urxentes derivados dos incendios que afectan a servizos esencias. A proposta de case 150.000 euros foi aprobada con votos a favor do BNG e PSOE e co voto en contra do PP.

 

No mesmo Pleno deuse conta da contratación de emerxencia por decreto de diversas reparacións en servizos como o alumeado no cal deben reporse farolas, cadros e alomenos 9000 metros de ca- bleado. Reparacións en saneamento, limpezas e adquisicións de contedores suman máis de 102.000 euros.

 

Outras reparacións están sendo xestionadas a través dos seguros, o campo de fútbol, as piscinas, o colexio, varias escolas unitarias que sufriron danos de diversa consideración.

 

O Alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez, explica que “os danos en bens públicos calculados e constatables neste momento superan os 500.000 euros. Administracións como a Xunta o Estado e a Deputación adiantaron a súa intención de acordar ou negociar convenios para sufragar os gastos de reparación pero tamén deben colaborar a medio e longo prazo no oportunidade de renacer As Neves”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.