GALICIA
UGT e CCOO mobilízanse para esixir a recuperación de salarios e dereitos das empregadas e empregados públicos
Concentracións hoxe venres, día 24 de novembro, diante da Delegación do Goberno na Coruña e das Subdelegacións de Lugo, Ourense e Pontevedra.
A Área Pública de CCOO e a FeSP-UGT inician hoxe venres unha campaña conxunta de mobilizacións baixo o lema «Agora: salarios, emprego público e dereitos». A primeira acción reivindicativa terá lugar ás 11:30 e consistirá en concentracións de delegadas e delegados fronte á Delegación do Goberno na Coruña e as Subdelegacións de Lugo, Ourense e Pontevedra.
Debido a que os Executivos estatal e autonómico levan máis dun ano afirmando que a economía se recupera, UGT e CCOO coidan que é o momento de lles devolver ás empregadas e empregados públicos os dereitos arrebatados coa escusa da crise: desde o 2010, máis de 16.000 empregos destruídos no sector público e unha perda media de poder adquisitivo do 13%.
Por esta razón, os sindicatos esixen a volta á negociación colectiva nas Administracións públicas para abordar cuestións como xornadas, incapacidade temporal, saúde laboral, igualdade, formación ou acción social. Todo isto debería ter efectos nos orzamentos para o 2018.
CCOO e UGT piden que o Acordo para a Mellora do Emprego Público, asinado en marzo deste ano, e o Acordo de Estabilidade, asinado en outubro coa Xunta, se amplíen para permitir para recuperar o emprego perdido desde o 2011, non só para reducir a precariedade e a temporalidade nas Administracións públicas.
Por último, UGT e CCOO lembran que a defensa dos dereitos das empregadas e empregados públicos é unha prioridade na acción sindical de ambas as dúas organizacións, tanto polo que significa en termos de condicións laborais como pola necesidade de reforzar os servizos públicos e así mellorar a calidade de vida da cidadanía.
Concentracións o venres, 24 de novembro, ás 11:30 h
- A Coruña: Delegación do Goberno (praza de Ourense, n.º 11)
- Lugo: Subdelegación do Goberno (rúa de Armanyá, n.º 10)
- Ourense: Subdelegación do Goberno (rúa do Parque de San Lázaro, n.º 1)
- Pontevedra: Subdelegación do Goberno (praza de España, s/n)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149