MOS
Mos reinterpreta a campaña autonómica do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O Concello fixo público o seu cartel baixo o lema 'O máis grande de Mos non se maltrata'.
O Concello de Mos fixo pública a súa campaña institucional para o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se celebra o próximo sábado 25 de novembro e que é unha reinterpretación do cartel realizado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Para a versión mosense retratáronse a catro mulleres emblemáticas da cultura, o folclore, a música e o deporte locais, así como catro lugares de referencia e de notable beleza, simbólicos do termo municipal. As catro protagonistas imaxe do cartel son a músico da parroquia de Pereiras, Rocío Alonso, a alpinista Verónica Romero, Silvina Álvarez Pereiro do grupo Malvela e Natalia Alonso, xogadora do equipo de fútbol feminino da Unión Deportiva Mos.
Por outra banda, os lugares mosenses icónicos elixidos para ilustrar o cartel son o Pazo de Mos, a escultura das leiteiras en Dornelas, a Capela do Santiaguiño en Guizán e o Dolmen de Cela.
O lema da campaña, tomado tamén da súa homóloga autonómica -“O máis grande de Galicia non se maltrata”-, é ‘O máis grande de Mos non se maltrata’.
Esta imaxe empregarase en tódolos actos institucionais que, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, ten organizado o Concello de Mos para esta fin de semana.
Compromiso do conxunto da sociedade
A alcaldesa de Mos insiste en que o compromiso contra a violencia de xénero debe estar presente na conciencia cidadá a diario e non só nunha data concreta e que é preciso seguir sensibilizando a toda a sociedade na loita e prevención da mesma.
Lembrou que o municipio de Mos caracterízase pola fortaleza e a valía das súas mulleres que, coma as do cartel, son o orgullo e o máis grande do Concello; por iso non poden ser maltratadas nunca.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191