CULTURA
Productores do audiovisual buscan acordos comerciais no pitching “I+P Ideas para producir”
Durante o Pitching celebraranse máis de 150 reunións de negocios entre os creadores e produtores e case unha trintena de executivos do audiovisual que están a participar en Santiago na undécima edición do “I+P Ideas para producir”.
![[Img #36975]](upload/img/periodico/img_36975.jpg)
Máis dun cento de profesionais do audiovisual de toda España participan en Santiago na 11a edición do pitching “I+P Ideas para producir”, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, na busca de financiamento ou distribución para os seus proxectos. O I+P conecta proxectos de cine e ficción en distintas fases de desenvolvemento con canles de televisión, produtoras e distribuidoras de primeiro nivel e ten como obxectivo favorecer acordos comerciais para a produción ou venda de novos proxectos.
A apertura da que é a undécima edición deste evento correu a cargo do presidente do Clúster Audiovisual Galego, Jorge Algora, e do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, quen salientou a consolidación conseguida polo I+P ao longo destes últimos anos e o seu poder de convocatoria. Nas súas palabras, a colaboración co Clúster Audiovisual é indispensable á hora de impulsar a competitividade e a internacionalización do cine e da televisión feitos en Galicia. Neste sentido, citou diversas accións nas que se pon de manifesto esta colaboración como o propio pitching “I+P Ideas para producir”, o Conecta Fiction, as misión comerciais internacionais ou acción formativas do audiovisual, entre outras.
Pola súa parte, Jorge Algora lembroulles ás canles de televesión presentes no evento a importancia do seu papel como elementos tractores da industria audiovisual e destacou a misión do pitching I+P como nexo entre os creadores e produtoras e estas estas canles.
Os responsables dos proxectos contaron con 10 minutos para atraer o interese de case unha trintena de executivos do audiovisual que están a participar desde onte no “I+P Ideas para producir”. Entre eles están directivos das principais canles e grupos de televisión nacionais como TVE, Mediaset, Atresmedia, #0 de Movistar+, Euskaltel e as autonómicas CRTVG, TV3, Aragón TV, RTPA e TV Castilla y León. Tamén asisten a este encontro responsables de distribuidoras de primeiro nivel como Filmax, A Contracorriente Films ou DeAPlaneta, e de produtoras de renome como La Competencia, Boomerang TV, Ánima Kitchent, Cliffhanger TV ou Portocabo.
Este formato favorece o establecemento de acordos comerciais para a coprodución ou venda de novos proxectos de cine e televisión
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, foi o encargado de clausurar a sesión de pitching. Durante a súa intervención, subliñou que iniciativas coma o I+P demostran que “son o talento e as ideas as que crean novas oportunidades, marcando o feito diferencial”. Ademais, Anxo Lorenzo reiterou o apoio da Administración galega, a través da Agadic, ao sector audiovisual e fixo unha mención especial á CRTVG como un ente estratéxico no desenvolvemento da industria en Galia.
Unha oportunidade para establecer acordos comerciais
O I+P prosegue pola tarde coa celebración de máis de 150 encontros bilaterais onde proxectos e empresas poderán compartir os detalles dos traballos presentados pola mañá e iniciar contactos. Entre os 15 proxectos expostos, que resultaron elixidos entre un total de 103 traballos rexistrados nesta edición de 2017, encóntrase longametraxes de ficción, documentais, series e outros formatos para televisión.
Nesta edición o “I+P, Ideas para Producir” conta co apoio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte; da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e do Concello de Santiago de Compostela. E coa colaboración da Santiago de Compostela Film Commission, a plataforma Filmarket Hub, a compañía Music Library & SFX, o festival Mundos Digitales, o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual, as asociacións CREA e AGAG, Abanca Obra Social, e Galicia Calidade.
A narrativa transmedia protagoniza un foro no marco do I+P
A undécima edición do “I+P Ideas para producir” arrancaba onte en Compostela cun foro sobre “A nova narrativa das series transmedia”, inaugurado por Jorge Algora e Marta Lois, concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo de Santiago. Durante a sesión, moderada polo director do festival Mundos Digitales, Manuel Meijide, os panelistas abordaron desde diferentes perspectivas a evolución experimentada nos últimos anos polo transmedia como estratexia ata chegar a converterse nun universo propio.
Un panel de expertos constituído polo guionista e produtor Javier Olivares, creador, entre outras, das series de éxito “El Ministerio del Tiempo” (TVE 1) e “Si fueras tú” (RTVE); Roberto Pérez, CTO e fundador de Future Lighthouse, estudio madrileño encargado de desenvolver o proxecto de realidade virtual de “El Ministerio del Tiempo”; e Julio Casal, CEO de Ficción Producciones, compañía galega responsable de títulos como “Tutú”, “Hospital Real”, “O Códice”, “Augasquentes” ou “Meñique”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136