GALICIA
Feijóo reivindica Galicia como o mellor lugar para acoller o Laboratorio europeo de bivalvos
Refírese ao liderado da Comunidade en produción de bivalvos, á traxectoria investigadora e a vocación de seguir ampliándoa a través do Intecmar, como os mellores avais para oficializar a candidatura.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou Galicia como o mellor lugar para acoller o Laboratorio comunitario de referencia para o seguimento dos contaminantes virais e bacteriolóxicos dos moluscos bivalvos. Como argumentos para defender a idoneidade de Galicia, referiuse ao liderado da Comunidade en produción de bivalvos, á traxectoria investigadora e á ocasión de seguir ampliándoa a través do Intecmar e ao traballo para dar unha resposta coordinada aos retos do brexit no eido da pesca na Unión Europea. A xuízo do presidente, estes son os mellores avais para conseguir oficializar a condición de referentes no estudo dos bivalvos.
“Se traballamos unidos, se facemos fincapé na coordinación co Goberno de España e se somos capaces de explicar o que facemos e a nosa experiencia conseguiremos oficializar a nosa candidatura”, abundou, incidindo en que este obxectivo non se podería formular sen a traxectoria e o traballo do Intecmar.
Asevera que un dos obxectivos é seguir reforzando o coñecemento sobre bioloxía mariña, orientándoo á conservación do mar e ao impulso das economías costeiras, liña na que tamén vai a creación do Campus do Mar
Durante o acto conmemorativo do 25 aniversario deste instituto celebrado a semana pasada, Feijóo aseverou que un dos principais obxectivos de Galicia na actualidade é seguir reforzando e ampliando o coñecemento sobre bioloxía mariña, orientándoo á conservación do mar e ao impulso das economías costeiras. “Por iso estamos, ademais, impulsando a creación do Campus do Mar, que permitirá que nuns anos os mellores científicos mariños do mundo teñan acento galego”, dixo.
Ao longo da súa intervención, subliñou que o Intecmar leva desde 1992 tendo a misión de aplicar as técnicas máis modernas da ciencia para preservar o delicado equilibrio do mar. Para isto trazou unha ampla rede de puntos de mostraxe ao longo de todo o litoral galego, que subministran información exhaustiva e precisa co obxectivo de responder coa máxima axilidade e eficiencia a calquera situación de risco a nivel biolóxico. Este sistema de mostras e alertas converteu esta institución nunha referencia para o control das biotoxinas mariñas e o fitoplancto tóxico.
“O Intecmar leva 25 anos velando pola seguridade alimentaria, pola saúde dos moluscos e polo bo estado das nosas augas, 25 anos sendo a garantía do sector”, afirma
Así mesmo, Feijóo recordou que este labor de vixilancia se asenta nunha tripla función: a seguridade alimentaria —eido no que se realizan cada ano unhas 100.000 probas— a sanidade animal e a loita contra a contaminación mariña.
“Estamos a falar dun centro que ten un papel esencial á hora de artellar a resposta de Galicia contra calquera episodio de contaminación mariña. O Intecmar leva 25 anos velando pola seguridade alimentaria, pola saúde dos moluscos e polo bo estado das nosas augas, 25 anos mirando e escoitando o mar e sendo a súa voz, 25 anos sendo a garantía do sector”, dixo. O presidente concluíu subliñando que, como proba do compromiso da Xunta con esta institución, o seu orzamento crecerá en 2018 un 20%, ata situarse nuns 3,3 millóns de euros para, entre outras cousas, mellorar os equipos de laboratorio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149