Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 27 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O PSDEG-PSOE pide que o concello retire "a polémica campaña contra a violencia machista"

A oposición socialista dí nun comunicado non entender "a falta de sentido da rexedora do Partido Popular que despois das criticas que recibiu o fracaso de campaña contra a violencia de xénero promovida pola Xunta, decidiu versionala en Mos. Nun ataque de sen sentido, o goberno do Partido Popular está a fomentar que se compare unha muller cun edificio ou cun monumento". Patricia Pérez, voceira socialista di que "si para o PP as mulleres valemos o mesmo ca un obxecto demostran a pouca implicación que teñen cun tema tan serio. Engade que as mulleres somos persoas e merecemos un trato coma tal, non merecemos que nos defendan igual ca se defende un edificio histórico".

 

A bancada socialista pide "respeto ante un tema que xenera mortes e que se centre en loitar pola erradicación da violencia de xénero en vez de sacar campañas que fomentan o machismo debido a que compara a muller con cousas.  Recordámoslle a o goberno municipal a medida coa pode poñerse a traballar, o CIM (centro de información da muller) posto en marcha despois de presentar unha moción o Partido Socialista aínda que o goberno municipal non o queira recoñecer publicamente. Dito centro permaneceu inactivo despois de vendelo na prensa".

 

A voceira socialista recalca que "posto que o centro xa está funcionando, bote man del nesta loita en vez de saír na prensa con ocorrencias que só prexudican a posta en valor da muller".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.