GALICIA
A incidencia do VIH en Galicia descendeu nos últimos catro anos
Do total de casos rexistrados por nova infección, no 77% dos casos o contaxio produciuse a causa das relacións sexuais non protexidas e o 17% débese a compartir material de inxección entre os usuarios de drogas inxectables.
Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Sida hoxe 1 de novembro, a Consellería de Sanidade publica o Informe VIH-sida e outras ITS en Galicia 2017 no que se destaca que nos últimos catro anos estase a apreciar unha tendencia á diminución da incidencia de VIH en Galicia pasando de 81 a 44 casos ao ano por millón de habitantes en 2016.
O informe destaca así mesmo que Galicia acumula 4.213 casos de sida dende que en 1984 diagnosticouse o primeiro caso. En relación ao período 2004-2016, os datos en presentan unha incidencia de infección polo VIH de 69,5 casos ao ano por millón de habitantes, o que nos sitúa por debaixo da incidencia anual española que é de 99 infeccións. Neste período producíronse en Galicia un total de 3.040 mortes polo VIH.
As provincias da Coruña e Pontevedra son as zonas con maior incidencia de infección polo VIH de Galicia. Ourense ten unha incidencia intermedia e Lugo é a de menor incidencia.
Na campaña deste ano, Sanidade destaca a importancia de involucrar a toda a sociedade na loita contra a sida
No patrón epidemiolóxico da transmisión do virus predomina claramente a vía sexual, así no 77% dos casos o contaxio produciuse a causa das relacións sexuais non protexidas (39,9% por relacións entre homes que teñen relacións sexuais con outros homes -HSH- e 37,5 % heterosexual), e as infeccións por compartir material de inxección entre os usuarios de drogas inxectables supón o 17% dos casos rexistrados de nova infección.
Importancia do diagnóstico previo
Cómpre lembrarlle á poboación galega que unha quinta parte da poboación infectada polo VIH non sabe que está infectada, e pode estar transmitindo a infección a outras persoas se teñen prácticas sexuais non seguras. Ao longo do período e sen variacións anuais significativas, o 49 % dos novos diagnósticos de infección presentan diagnóstico tardío. Estes datos resaltan a necesidade de seguir impulsando actividades para conseguir mellorar o diagnóstico precoz entre a poboación e os profesionais sanitarios, cuestión que é prioritaria para obter o máximo beneficio, individual e colectivo, dos avances na prevención e o tratamento da infección polo VIH.
Dende o ano 2009 invístense máis de 50 millóns de euros anuais na atención de pacientes galegos infectados polo VIH, dos cales o 60 % son gastos en fármacos antirretrovirais. En 2016, había 5.451 persoas a tratamento antirretroviral e o gasto en antirretrovirais ascendeu a 34.562.477 €.
Unha das campañas preventivas máis importantes no fomento do diagnóstico precoz do VIH en Galicia é o programa de probas rápidas. Estas probas empregan unha mostra de saliva, son gratuítas, anónimas e están accesibles á comunidade a través de entidades colaboradoras situadas nas catro provincias galegas. Dende o comezo deste programa en 2011, fixéronse 4.694 probas rápidas de VIH, das cales 73 (1,6%) foron positivas.
Prevención segue a ser a estratexia fundamental
En ausencia dunha vacina preventiva e de tratamento curativo, a prevención segue a ser a estratexia fundamental de control da epidemia da infección polo VIH e a sida. Dado que as relacións sexuais non seguras son a principal vía de transmisión do virus na nosa contorna, as campañas preventivas neste eido acadan unha especial relevancia.
Son varias as campañas preventivas da Consellería de Sanidade que promoven o sexo seguro na nosa Comunidade. Entre elas, inclúense as campañas de difusión de mensaxes preventivas a través de redes sociais como Sex Invaders (Facebook e Instagram) e de Wapo que é unha app de contactos entre homes. Atópanse ademais, o Programa de promoción do preservativo que distribúe gratuitamente este material a través de entidades colaboradoras e o programa Xente con Don, iniciado no curso 2016-2017, e que se ofertou aos centros de ensinanza secundaria e de formación profesional de Galicia.
Dado que as relacións sexuais non seguras son a principal vía de transmisión do virus, a prevención continúa sendo de especial relevancia
Outros programas exitosos na prevención do VIH e que se seguen a desenvolver na actualidade son o Programa de intercambio gratuíto de xiringas e o Programa de venta subvencionada de kits de inxección hixiénica que reduciron dun xeito importante a aparición de novos casos de VIH asociados á vía de compartir material de inxección de drogas.
En novembro deste ano, a Consellería de Sanidade publicou a segunda convocatoria dos premios de investigación sobre VIH e outras ITS. Estes premios están dotados dun importe de 3.000 € e 1.500 € para o primeiro e segundo premio respectivamente. Para optar a estes premios, os traballos teñen que estar publicados nunha revista científica en 2016. Os premios entregaranse mañá nun acto público na Consellería de Sanidade, no que tamén se presentará o documento Recomendacións para o diagnóstico precoz do VIH en Galicia 2017, dirixido aos profesionais de atención primaria.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149