MOS
A alcaldesa de Mos encontrarase o xoves co voluntariado e colectivos sociais
‘Encontros coa alcaldesa’ é un programa pioneiro e novidoso.
O vindeiro xoves, 30 de novembro, o programa 'Encontros coa alcaldesa' reunirá na sede da entidade municipal, Mos Axuda, sita en Puxeiros, á rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e ao voluntariado e colectivos sociais do Concello.
Dende a administración local mosense anímase aos interesados en participar a achegarse ata a sede de Mos Axuda o xoves día 30 ás 18.30 horas.
‘Encontros coa alcaldesa’ é unha iniciativa pensada para que os diferentes colectivos sociais do Concello de Mos poidan charlar de ti a ti e en persoa coa rexedora local, Nidia Arévalo, facerlle consultas, plantexarlle suxerencias, trasladarlle opinións, etc.
Os seguintes colectivos aos que se convocará serán o alumnado do Instituto, empresariado, mulleres, agrupacións culturais, mocidade en xeral, universitarios, etc. Ata o de agora xa se realizaron ‘Encontros coa Alcaldesa’ para maiores, persoas con discapacidade e as súas familias, deportistas e usuarios de instalacións deportivas, e pais e nais de escolares mosenses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191