ALERTA POR SECA
Vigo recibirá auga do Verdugo nunha captación de ‘emerxencia’
O director de Augas de Galicia ofrece o súa "total colaboración" para executar esta actuación nun prazo estimado de tres meses. Traballos intensivos que se executaran en turnos que cubrirán 24 horas e sete días á semana
![[Img #37058]](upload/img/periodico/img_37058.jpg)
O director de Auga de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, avanzou esta tarde que a Xunta e os concellos que se abastecen dos embalses de Eiras e Zamáns acordaron impulsar a execución dunha captación no río Verdugo desde o salto hidroeléctrico de Laforet, no Concello de Ponte Caldelas e desde este punto impulsala por gravidade ao sistema de abastecemento de Vigo.
Indicou que as administracións presentes na reunión coincidiron en que se trata da solución máis idónea nesta situación de seca e alerta hidrolóxica para incrementar as garantías de abastecemento aos concellos que se abastecen do encoro de Eiras. Esta actuación precisará dunha condución de 6 quilómetros e terá un custe aproximado de 5,5 millóns de euros. Para desenvolvela calcúlase un tempo de tres meses, traballando as 24 horas do día incluíndo festivos, dado que falamos dunha "obra de emerxencia"
Rodríguez Martínez brindou unha vez máis a total e absoluta colaboración de Augas de Galicia para levar adiante esta actuación, que tal e como se trasladou o venres pasado deberá asumir na súa financiación o concello por ter as competencias en materia de abastecemento e saneamento; e indicou que a Xunta está disposta a colaborar na mesma nunha proporción similar á establecida noutras infraestruturas equiparables.
O director de Augas de Galicia explicou que o seguinte paso será determinar como se executa esta actuación, polo que compre, tal e como pediron hoxe na reunión, esperar pola decisión que tome o Concello de Vigo de executar directamente a obra ou delegar na Xunta de Galicia, opción que -tal e como indicou o director de Augas- a Xunta estaría disposta a asumir, pero sempre que se recolla nun convenio de colaboración entre ambas administracións no que se plasmen os compromisos e a financiación.
Reiterou que Augas de Galicia disporá de todos os seus recursos para que esta actuación se tramite como de emerxencia, co fin de non dilatar máis a situación e colaborar nesta alternativa que garanta o abastecemento desta área na situación actual.
Por último, o representante da Consellería de Medio Ambiente insistiu na necesidade de avanzar na redución dos consumos non esenciais e invitou aos concellos que se abastecen dos sistema 1 e 2 a seguir facendo un esforzo e solicitar aos grandes consumidores de auga industrial un esforzo para reducir o consumo, “é unha cuestión fundamental, porque a futura captación no río Verdugo non é a medida que nos devolverá á normalidade”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191