MOS
Cambio radical no contorno do Concello de Mos
A conselleira Beatriz Mato e o Bispo Luis Quinteiro visitaron esta mañá a obra xa rematada.
![[Img #37116]](upload/img/periodico/img_37116.jpg)
Esta mañá o Concello de Mos recibiu a visita da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para observar en persoa o remate da mellora da contorna da Casa do Concello. A conselleira estivo acompañada por Nidia Arévalo Gómez, Alcaldesa de Mos, polo Sr. Bispo da Diócese de Tui-Vigo, D. Luis Quinteiro Fiuza, Encarnación Rivas Díaz, Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Ignacio López-Chaves Castro, Delegado Territorial da Xunta en Vigo, Luis Alonso Seijo, concelleiro de Vías e Obras de Mos, Camilo Augusto Martínez, concelleiro de Patrimonio de Mos, Julia Loureiro Campo, concelleira de Urbanismo de Mos, o arquitecto municipal redactor do proxecto, Manuel Toucedo, Sara Cebreiro Alonso, concelleira de Cultura de Mos, e demais membros da Corporación Municipal mosense.
O acto consistiu nunha Misa oficiada polo Bispo na Igrexa de San Mamede de Petelos, un percorrido a pé pola praza onde se desenvolveron estas obras enmarcadas no Plan Hurbe da Xunta de Galicia e descubrimento de placa conmemorativa. A xuntanza estivo amenizada musicalmente pola Banda de Gaitas Ledicia.
As obras realizadas en Petelos e que hoxe foron presentadas oficialmente constitúen un proxecto de mellora que permite a integración da zona do aparcadoiro e do cemiterio municipal de Petelos na área da Casa Consistorial.
Estas obras comezaron a mediados do pasado mes de maio e estiveron en todo momento supervisadas e controladas por arqueólogos, xa que o contorno está protexido por Patrimonio.
A actuación enmárcase dentro do convenio de colaboración firmado entre a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a rexedora municipal, Nidia Arévalo, dentro do Plan Hurbe e polo que a Xunta investiu 300.000 euros.
Segundo o convenio rubricado, a actuación responde ao programa de humanización de rúas e urbanización e mellora de espazos públicos. Deste xeito, con esta obra se mellora a calidade de vida dos máis de 15.000 veciños e veciñas do municipio sendo o obxectivo final o de integrar estes espazos na contorna, apostando pola humanización que rodea a Casa Consistorial.
No que se refire ao aparcadoiro, executouse unha área superficial como continuación da Praza do Concello na que se atopa a Igrexa de San Mamede de Petelos e prolongouse o pavimento e plantouse céspede, dando unidade ao conxunto e permitindo usos puntuais diversos cando sexa necesario (festas patronais, manifestacións relixiosas, etc.).
Tamén se delimitou o acceso rodado e peonil ao cemiterio de Petelos, achegando comodidade aos veciños ao mesmo tempo que se mellora o aspecto visual do contorno.
Trátase da terceira actuación que se executa neste Concello a cargo do Plan Hurbe, pois en 2010 levouse a cabo o acondicionamento e pavimentación da contorna da Igrexa de Santa Eulalia, cun investimento de preto de 95.000 euros; e en 2015 executouse a reposición dun muro de contención en A Rans, na parroquia de Tameiga, cun investimento de 45.000 euros. Así, o investimento desatinado ata a data en Mos a través deste programa achégase aos 450.000 euros.
Mediante esta actuación logrouse o acondicionamento do aparcadoiro e accesos ao cemiterio no barrio de Reguengo, parroquia de Petelos, co fin de valorizar a área da contorna do cemiterio para integrala e interaccionala coas edificacións que a confinan (Casa do Concello, Igrexa de San Mamede e Cemiterio), de xeito que finalmente aparece como unha actuación unitaria, que consigue fiar mediante un único cordón umbilical, que é o aparcadoiro actual e a praza ou atrio da igrexa, as edificacións e os espazos que arredor del se articulan.
O programa da actuación contemplou a reorganización de todo o entorno, dotando e cualificando os usos, ordenando o aparcadoiro e os accesos ao cemiterio. En primeiro lugar tívose en consideración a topografía do terreo, que tomándoa como aliada para reducir o impacto visual do talud, permitir o acceso exterior graduado ás diferentes plataformas e niveis do cemiterio, acceso rodado e peonil cómodo á parte superior do cemiterio, manter acceso á casa reitoral e parte superior en ruínas e contención e saneamento da cota alta do monte.
As obras consistiron fundamentalmente na renovación do pavimento ao redor, garantir o acceso ao cemiterio a persoas con discapacidades, e integrar a actuación no conxunto edificatorio Igrexa-Casa do Concello, co fin de que o espazo creza e poida desprazar o seu epicentro de xeito que se arrede o máximo posible da agresión sufrida anos atrás coa construción da autovía, xeradora de ruídos e fumes, en suma, provocadora da ausencia de confort nos edificios e espazos exteriores de relación.
Este proxecto levaba redactado dende o ano 2009 e ata o de agora non lograra financiación. A rexedora local asegura que se trata dunha obra que dá resposta a unha serie de demandas veciñais dos habitantes desta zona da parroquia de Petelos.
Ademais, entre as outras melloras, levouse a cabo a creación de áreas verdes e a acometida do firme. Ademais o deseño baseouse nunha fórmula mediante a que quedaron completamente integradas as zonas superior (onde se atopa o Centro de Día) e a inferior (onde se sitúan o Concello, o cemiterio e a Igrexa de Petelos) creándose un todo harmónico que representa o contorno da Casa Consistorial mosense e que se trata dunha zona moi transitada por ser unha importante área de concentración de servizos municipais.
A parte máis ambiciosa desta actuación centrouse nos accesos ao cemiterio. Para iso recolocouse o acceso á casa parroquial, mellorando a circulación no aparcadoiro e permitindo mediante o novo viario acceder tanto en vehículo como peonilmente aos niveis superiores do cemiterio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136