MOS
Ordenación do Territorio dota dun novo acceso ao cemiterio de Reguengo en Mos
A responsable do departamento autonómico, Beatriz Mato, supervisou esta semana o remate das obras que permitiron mellorar a imaxe da contorna, agora máis moderna, saneada e accesible.
![[Img #37130]](upload/img/periodico/img_37130.jpg)
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio creou unha zona de aparcamento e dotou dun novo acceso ao cemiterio de Reguengo, en Petelos. Así o explicou a responsable do departamento autonómico, Beatriz Mato, tras a súa visita ao lugar para coñecer o remate dos traballos, que permitiron mellorar a imaxe da contorna, “agora máis moderna, saneada e accesible”.
Así, a titular de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio sinalou que con esta actuación “gáñase unha nova área máis útil e máis verde para uso e desfrute de todos os veciños e veciñas”, na que se investiron preto de 290.000 euros. En concreto, os traballos permitiron redeseñar a zona de aparcamento e o acceso ao cemiterio co “máximo respecto” ao patrimonio, pois “esta actuación queda perfectamente integrada no conxunto que forman as tres edificacións que a confinan: a Casa do Concello, a Igrexa de San Mamede e o propio Cemiterio”.
Deste xeito, Beatriz Mato indicou que os veciños e veciñas de Mos dispoñen desde agora dunha zona de aparcamento totalmente renovada e dotada de pavimento, do que antes carecía, e que cumpre cunha función ambivalente como praza para a realización de eventos.
Mato Otero sinalou que con esta actuación gáñase unha nova área máis útil e máis verde para uso e desfrute de todos os veciños, na que se investiron preto de 290.000 euros
Igualmente, construíuse un novo viario, que acaba na súa parte superior nun espazo máis amplo para facilitar aos vehículos un cambio de sentido, e melloráronse as condicións de accesibilidade.
En definitiva, unha actuación encadrada no Plan Hurbe, que persegue o triplo obxectivo de humanizar as vilas galegas, favorecer a cooperación entre a administración autonómica e os concellos e promove o reequilibrio territorial na Comunidade. Unha iniciativa da que, segundo indicou a conselleira, se teñen beneficiado os veciños de Mos, pois trátase da terceira actuación que se desenvolve neste municipio con cargo ao Plan Hurbe. As anteriores foron a terceira fase do acondicionamento e pavimentación do entorno da Igrexa Parroquial de Mos (rematada en 2010) e a reposición dun muro de contención en A Rans (finalizada en 2015).
Investimentos na provincia de Pontevedra
Desde a posta en marcha do Plan Hurbe, investíronse en Pontevedra máis de 46 millóns de euros cos que se financiaron un total de 29 actuacións en 22 concellos da provincia. De feito, no presente exercicio, estanse executando ou executáronse 9 actuacións noutros tantos concellos da provincia por valor de máis de 2,6 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215