Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 30 de Noviembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Rematada a mellora do Polígono do Rebullón

A obra inclúe dous proxectos, un de saneamento e outro de pavimentación. Os traballos foron visitados esta mañá polo xefe territorial de Industria, Ignacio Rial, e polo delegado da Xunta Ignacio López-Chaves.

[Img #37171]

 

Hoxe pola mañá visitaron os recentemente rematados traballos de mellora do polígono mosense do Rebullón Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio Rial, xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Óscar Soto, concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Julia Loureiro, concelleira de Urbanismo, Camilo Augusto, concelleiro de Patrimonio e Servizos, demais membros do equipo de goberno local e empresarios/as asentados no Polígono do Rebullón e beneficiarios/as da obra; así como o arquitecto municipal Manuel Toucedo.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a concelleira de Urbanismo, Julia Loureiro, informaron de que as obras de mellora do Polígono do Rebullón incluiron sendos proxectos de saneamento e pavimentación necesarios para dar solución ás deficiencias existentes no polígono.


A primeira fase, correspondeu á acometida do saneamento, e conta coa construción dun novo pozo de bombeo e instalación de tubería de pvc de 315 milímetros de diámetro.


A segunda fase, de asfaltado, consiste na solución técnicamente máis adecuada para mellorar o pavimento. Nesta fase incluiuse o fresado das zonas do pavimento existente nas zonas nas que as cotas das rasantes non eran adecuadas a fin de mellorar a uniformidade superficial, e extendido de dúas capas de aglomerado en quente de 12 cm de espesor total, dado que o vial soporta un tráfico pesado. A lonxitude do vial a eixe é de 310 metros e o ancho é de 7 metros.

 

A fin de protexer o novo pavimento nas zonas nas que non existe urbanización lateral e de actuacións futuras como a instalación de beirarrúas ou aparcadoiros, instálase unha liña de ‘bordillos’ por cada un dos lados, no límite lateral do pavimento, de xeito que este quede confinado e cos bordes ben delimitados.

 

Para evitar actuacións posteriores sobre o pavimento inclúese a execución dunha serie de cruces transversais coas súas correspondentes arquetas e zanxas lonxitudinais nos que se deixarán instaladas canalizacións que se estima serán necesarias no futuro para instalar servizos (electricidade, telecomunicacións …) que eran aéreos.

 

Este macroproxecto consta de tres fases. As dúas primeiras, correspondentes á acometida de servizos, son as que levaron a cabo neste ano 2017, e a terceira de humanización realizarase no 2018.


Neste sentido a rexedora local mosense declarou que “por fin, nesta lexislatura quedará ordeado este parque empresarial e cun aspecto e dotacións dun auténtico polígono industrial”. O Concello, que conta co aopoio de AEMOS, lidera e coordina este ambicioso proxecto con financiación autonómica na súa maioría, e cunha parte tamén de aportación dos propios empresarios do polígono.


A a execución deste macroproxecto conta con sendas subvencións da consellería de Economía, Emprego e Industria con cargo a unha liña de axudas para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia. Na Fase I de saneamento a administración autonómica aporta o 80% do custe total, que supón unha axuda económica de 95.990 euros. E na Fase II de pavimentación a Xunta asume tamén o 80% do orzamento total aportando 95.542 euros. En total a consellería inviste nesta obra preto de 200.000 euros.
O custe total dos traballos, incluíndo a terceira fase, superará os 500.000 euros.


Por último a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, declarou a “necesidade de revalorizar esta zona industrial, estratéxica pola súa ubicación, pero que precisaba dunha mellora estructural importante e vital para a subsistencia do polígono”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.