Sábado, 11 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 02 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta inviste máis de 239.000 euros en melloras no polígono industrial do Rebullón

As axudas destináronse a intervencións en saneamento e á mellora do pavimento da vía principal de acceso ao parque empresarial mosense.

[Img #37187]

 

A Xunta investiu máis de 239.400 euros en dúas actuacións de mellora das infraestruturas no polígono industrial do Rebullón. As axudas destináronse a intervencións en saneamento e á mellora do pavimento da vía principal de acceso ao parque empresarial mosense.

 

Rematadas as actuacións o representante do Goberno galego na área territorial, Ignacio López-Chaves, desprazouse esta semana ata o municipio pontevedrés para supervisar de primeira man o estado das execucións. Na visita estivo acompañado pola alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, así como outros membros do goberno municipal e empresarios asentados no polígono.

 

Esta actuación enmárcanse no Plan de captación de investimentos. A Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou este ano apoios por preto de 4,2 millóns de euros para os concellos galegos destinados a un total de 73 proxectos en 59 parques empresariais da Comunidade dos que 20 corresponden a provincia de Pontevedra e 7 concretamente a área de influencia de Vigo.

 

 

 

 

O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, xunto á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o xefe territorial da Consellería de Industria visitaron hoxe as actuacións

 

 

 

 

O obxectivo desta acción é o de mellorar o servizo que se presta ás compañías xa instaladas, contribuíndo ademais ao impulso da súa competitividade e á atracción de novos investimentos con capacidade para xerar riqueza e emprego cara aos municipios.

 

Neste senso, as axudas concedidas acadan o 80% do custo subvencionable, que se incrementa ata un 95% no caso de agrupacións ou fusións de concellos. As actuacións oriéntanse á mellora das infraestruturas viarias, á dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía de cara ao aforro e a eficiencia no gasto enerxético, depuración de augas, xestión de residuos e instalacións de sistemas de seguridade e vixilancia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.