TOMIÑO
Rematadas as obras de remodelación da praza de abastos de Goián
O Concello de Tomiño ten previsto sacar en breve a poxa pública a adxudicación dos catro postos de venta creados no mercado.
![[Img #37209]](upload/img/periodico/img_37209.jpg)
Goián xa conta cunha remodelada e modernizada praza de abastos. O Concello de Tomiño vén de rematar as obras de reforma das instalacións, nas que se seguiu a mesma filosofía de remodelación seguida no mercado municipal do Seixo. Cun investimento total de 109.557,40 euros, as obras centráronse principalmente no espazo interior da praza con pequenos cambios no exterior, tanto no pórtico para darlle accesibilidade ao local como na terraza para arranxar deficiencias de desgaste.
En breve, o Concello de Tomiño ten previsto sacar a poxa pública a adxudicación dos catro postos de venta creados no interior das instalacións: unha carnizaría, unha peixaría, unha froitaría e unha floraría. Xunto con estes postos, a remodelación permitiu abrir novos ocos de paso, crear unha illa central e axeitar unha parte das instalacións a outros usos relacionados coa cultura e a cohesión social.
O obxectivo era dar unha nova vida ao mercado municipal, “reciclando o seu interior e adaptándoo ás necesidades funcionais, espaciais e sensoriais adecuadas para o tempo no que vivimos”, humanizando o espazo e facéndoo atractivo tanto para os usuarios como para os comerciantes, para que vexan na praza de abastos un recinto de oportunidades.
Este proxecto supón a consolidación da aposta do goberno local polo comercio de proximidade e a concepción dos mercados coma puntos de dinamización económica e social dos núcleos urbanos. Outro dos obxectivos é conseguir facer do centro de Goián, a segunda parroquia máis poboada do municipio, un lugar de encontro e convivencia dos veciños e veciñas.
Do orzamento total empregado nas melloras, arredor de 70.000 euros foron achegados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través dunha axuda aprobada dentro da convocatoria ‘Espazos de Emprendemento Comercial no Rural’.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180