Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 03 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP reclama o arreglo do muro do local social de San Benito no Outeiro

"O muro de contención do terreo no cal se asenta a sede da asociación atópase seriamente danado presentando un alto risco de derrumbe" sinalan os populares.

[Img #37203]

 

O PP do Porriño insta ao Goberno Municipal a que "acometa de xeito urxente os traballos de arreglo do muro do local social de San Benito no barrio do Outeiro, parroquia de Atios".


"O muro de contención do terreo no cal se asenta a sede da asociación atópase seriamente danado presentando un alto risco de derrumbe. Como se pode comprobar a simple vista. a estrutura de grandes dimensións está cedendo e podería verse comprometida en calquer momento se non se actúa de inmediat" sinalan nun comunicado.


Explican que "a principios deste ano, os veciños solicitaron por rexistro que se levase a cabo a rehabilitación urxente deste muro sen obter resposta algunha. A día de hoxe, non se acometeu ningunha actuación por parte do Concello do Porriño e o estado agravase por momentos.  O estado desta esta estrutura supón un importante risco ao atoparse sobre un camiño transitado polos veciños da zona".


É por eso que dende o Partido Popular, "facéndose eco das demandas recibidas das veciñas e veciños de Atios, piden ao Goberno Municipal que deixen a un lado as excusas, prioricen esta actuación e leven a cabo este arreglo antes de ter que lamentar unha traxedia. Para os populares non existe motivo algún para non acometer estas obras se existe vontade por parte do executivo, que demostrou non titubear á hora de levantar reparos para acometer obras e servizos sen partida orzamentaria consignada".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.