Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 05 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán abre o proceso de contración 
das obras do Río Muíños

Cun orzamento base de 671.176 €

O Concello de Nigrán abriu o proceso de licitación das obras de acondicionamento integral do río Muíños cun orzamento base de 671.176,57 euros, tal e como publica hoxe o Boletín Oficial da Provincia (BOPPO). As empresas dispoñen dun periodo máximo de execución das obras en 10 meses.

 

Trátase dun proxecto clave para este goberno cuxo obxectivo primorial  é devolver ao río o seu equilibrio natural, fortemente alterado pola presión urbanística do polígono empresarial e da autoestrada, o que provoca cambios bruscos na súa hidroloxía que, a súa vez, alteran  a paisaxe con rapidez (como se pode constatar no ecosistema dunar de praia América). Asemesmo, vincularanse a el núcleos de ocio e deportivos públicos e totalmente respetuosos coa contorna. Ademáis, se lle engade outra actuación por valor de 201.243 euros (executarase simultaneamente) destinada á mellorar a calidade da auga reparando o sistema de colectores e alcantarillado, que desborda fecais en época de choiva). Con isto, en total investiranse 800.000 euros no río Muíños e a súa contorna (incluído o río Nespereira) con cartos procedentes do aproveitamento urbanístico do parque empresarial de Porto do Molle.

 

 

 

 

O proxecto de acondicionamento das marxes devolve o equilibrio natural ao río e inclúe a creación de núcleos de ocio e deportivos totalmente integrados na paisaxe

 

 

 

 

As obras previstas comprenden 300.000 metros cadrados nos máis de 2 km de curso medio en Porto do Molle, contemplando dende á revexetación das súas ribeiras con técnicas de bioenxeñaría novidosas á creación de espazos de bosque natural (non sempre transitable) ou a instalación de bandas de protección nas marxes e creación de pendentes naturais. Todas estas accións está destinadas a frenar a enerxía do río en todo o tramo e, con elo, minimizar o impacto da erosión. Nesta liña, o equipo multidisciplinar liderado polo arquitecto Ángel Santorio e o enxeñeiro forestal Javier Santiago propón técnicas de drenaxe sostible baseadas no concepto de lagunaxe, é dicir, mediante a laminación de auga en brañas preexistentes ou creando lagoas artificiais ou humedais. Así, se prioeizan os seus recursos naturais e non se lle engade ningún ornato artificial.
Espazo de ocio e deportivo

 

Este proxecto contempla a creación de núcleos de ocio e deportivos totalmente integrados na paisaxe e nos que destaca a creación dunha pista de atletismo e outra de skate, “dúas disciplinas nas que existe unha gran demanda social de instalacións", explica González. No eido deportivo, a esta pista de 450 metros de lonxitude e 6 rúas súmase un circuito de running circular de 4,5 km ou a mellora do sendeiro existente. Estas dotacións atópase na parcela urbanizable destinada a usos deportivos, e ao seu carán haberá unha zona de recreo infantil e familiar con elementos de recreo como columpios, tirolina, circuito de bicicletas…

 

"Serán instalacións municipais e, polo tanto, cen por cen públicas", resume González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.