MOS
Escolares de Mos entre fogóns de tolerancia
Usuarias das Escravas da Virxe Dolorosa ensinan a escolares mosenses a elaborar marmeladas nas instalacións do seu centro en Petelos para conmemorar o Día da Discapacidade.
![[Img #37213]](upload/img/periodico/img_37213.jpg)
Hoxe domingo, día 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e o Concello de Mos, -dende as concellerías de Política Social, Educación e Participación Cidadá que dirixen respectivamente os edís Sara Cebreiro, Camilo Augusto e Julia Loureiro-, en colaboración coas Escravas da Virxe Dolorosa organizaron un obradoiro de elaboración de marmeladas para escolares do municipio.
Esta semana as usuarias do Centro Ocupacional das Escravas, sito en Petelos, foron mestras por un día dos alumnos/as de Educación Primaria do Colexio de Atín, ensinándolles aos cativos a preparar marmeladas caseiras coma as que elas mesmas realizan para a venda e entre as que teñen especial éxito a de mazá, coma a que fixeron os nenos e nenas mosenses no Centro das Escravas esta mañá, e a de pemento.
Escolares e mulleres das Escravas recibiron durante o transcurso do obradoiro a visita de representantes municipais entre os que se atopaba a alcaldesa, Nidia Arévalo, que lles trasladaron a vontade municipal de seguir a traballar arduamente no apoio ao colectivo de persoas con discapacidade mediante diversos programas, medidas e actividades.
Os obxectivos desta iniciativa son facer visible ante a sociedade a realidade dun colectivo que, en contra do que moitos pensan, é moi válido e apto para infinidade de tarefas; e aumentar a autoestima e a autorrealización dos membros de dito colectivo, neste caso as usuarias do Centro das Escravas da Virxe Dolorosa. Así o declaraba a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e o facían saber tamén as propias usuarias das Escravas.
Por último, tamén se pretende educar na diversidade e no respecto dende a infancia, de ahí a importancia deste obradoiro con escolares; para que os nenos e nenas coñezan dende cativos a realidade da discapacidade e a vivan con tolerancia e sendo conscientes de que das persoas con discapacidade tamén hai moito que aprender.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215