Alerta por Temporal
Un temporal de nivel laranxa afecta a toda Galicia
Espéranse ventos que poden acadar os 120 qm/h e ondas de 5 e 6 metros en toda a comunidade
![[Img #37349]](upload/img/periodico/img_37349.jpg)
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará a partir deste domingo a toda a comunidade.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) espérase que se inicie nas primeiras horas da tarde desre domingo, un temporal con ventos que poden acadar refachos de ata 120 qm/h en toda a comunidade, con excepción da zona do Miño en Ourense, onde se acadarán os 100 qm/h.
Tamén espérase a primeiras horas da tarde de mañá que de comezo temporal costeiro por mar combinada de forza 7,8 e ocasionalmente 9, con ondas de 5 a 6 metros que afectará a todo o litoral da nosa comunidade. En toda a provincia de Pontevedra, a primeiras horas de maña, espéranse choivas con precipitacións acumuladas que poderán acadar os 30mm/h.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191