PROVINCIA
A Deputación achega 10.000 euros para a educación dos nenos e nenas sirios
O proxecto de UNICEF “Acceso á educación en Siria-Aprender en medio da destrución” beneficiará a preto de 6.000 nenos e nenas de Siria
A Deputación de Pontevedra, a través dunha resolución presidencial, aprobou unha achega de 10.000 euros á Fundación Unicef para levar a cabo o proxecto “Acceso á educación en Siria-Aprender en medio da destrución”. A través desta actuación, a institución provincial, a través da distribución de subministracións básicas, está a contribuír para que 5.750 nenos e nenas sirias poidan acceder á educación.
O proxecto “Acceso á educación en Siria-Aprender en medio da destrución”, no que a Deputación de Pontevedra está a colaborar, desenvolverase nas zonas afectadas polo conflito de Siria, incluíndo as zonas de difícil acceso ou sitiadas como Aleppo ou Homs. Actualmente 13,5 millóns de persoas precisan asistencia humanitaria en Siria, incluídos 6 millóns de nenos e nenas.
A guerra causou un impacto devastador no sector da educación e debilitou a capacidade do sistema educativo para atender as necesidades críticas na educación do país. De feito, máis de 7.000 escolas, unha de cada 3, foron destruídas, danadas ou están sendo empregadas coma refuxio en todo o país. Amais, existen múltiples factores que están a limitar o acceso á educación dos nenos e nenas: inseguridade, desprazamento interno, falta de espazos de aprendizaxe seguros e protectores; falta de libros de texto, materiais educativos, instalacións axeitadas de auga, saneamento e hixiene. Por todas estas cuestións, a Deputación de Pontevedra decidiu colaborar con Unicef para contribuír a que as nenas e nenos poidan ter acceso á educación a través dun enfoque multidisciplinar que aborde as principais barreiras para acceder á mesma.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158