PROVINCIA
A Deputación destina máis de 1,2 millóns de euros para o servizo de formación de “Depointegra Xoven”
A través deste proxecto, cun orzamento total de máis de 2,5 millóns de euros e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, preténdese integrar no mercado de traballo á mocidade da provincia que non participa nos sistemas de educación nin de formación.
![[Img #37378]](upload/img/periodico/img_37378.jpg)
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou esta semana que a Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar un expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto e por valor de máis de 1,2 millóns de euros, do servizo de formación no marco do proxecto “Depointegra Xoven”, destinado á integración sostible das persoas mozas, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, no mercado de traballo no contexto do sistema nacional de garantía xuvenil.
O proxecto, que conta cun orzamento total de máis de 2,5 millóns de euros, ten por obxectivo, tal e como informou a presidenta provincial, integrar de xeito sostible no mercado de traballo ás persoas novas desempregadas que non participan nos sistemas de educación nin de formación. Por este motivo, “pretendemos realizar actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados que están dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade para a mellora da formación e a empregabilidade das persoas novas” . Amais, estas accións formativas tamén se van complementar con accións transversais relacionadas cos idiomas, coa práctica profesional, as novas tecnoloxías e a igualdade de oportunidades.
“Depointegra Xoven” tamén ten por obxectivos favorecer a participación das mulleres, das persoas paradas de longa duración e colectivos en risco de exclusión social para garantir a non exclusión no programa por motivos sociais, formativos, por razóns de xénero ou lugar de residencia.
En liñas xerais, as empresas que opten ao contrato para a prestación do servizo de formación de “Depointegra Xoven” deberán ofertar 27 accións formativas de 17 itinerarios diferentes dirixidos á certificación oficial da súa formación específica e práctica, é dicir, á obtención do certificado de profesionalidade íntegro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158