PROVINCIA
Carmela Silva confirma unha ocupación media provincial do 50% durante a ponte de decembro
Os datos, 10 puntos superiores ao mesmo período do 2016, “sitúan a este ano como o mellor ano turístico da última década”. O turismo rural creceu 25 puntos respecto a esta ponte do ano pasado.
![[Img #37382]](upload/img/periodico/img_37382.jpg)
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer onte os datos definitivos da ocupación hoteleira durante a pasada ponte de decembro que ascenderon ao 50% nas Rías Baixas. Silva informou que “pese ao temporal, esta ponte seguimos a rexistrar porcentaxes superiores ao ano 2016, máis en concreto dez puntos por riba que durante o mesmo período do ano anterior, cando a ocupación hoteleira fora do 40%, o que sitúa a este ano como o mellor ano turístico da última década”.
A presidenta provincial asegurou que as estimacións previstas por Turismo Rías Baixas superáronse nas comarcas de Vigo e en Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Deste xeito, “en Vigo agardábamos un 52% de ocupación e obtivemos un 54% e para Deza e Tabeirós-Terra de Montes estimábamos un 35% e obtivemos un 49%”.
Para o resto das comarcas, tal e como explicou Carmela Silva, a ocupación definitiva situouse no 71,64% no Salnés, no 61% en Pontevedra, no 32,5% no Morrazo, no 71% en Caldas, no 30,5% no Baixo Miño e no 30% nas comarcas do Condado e A Paradanta.
A presidenta adiantou que “tal e como tiñamos prometido, a próxima semana presentaremos o Plan Estratéxico de Turismo”
En canto ao turismo rural, a presidenta da Deputación de Pontevedra informou que as estimacións foron superadas “xa que agardábamos unha ocupación media do 32% e acadamos o 35,15%, 25 puntos máis que no 2016”.
Plan estratéxico de Turismo
Carmela Silva adiantou que “previsiblemente o día 19 de decembro imos presentar o Plan Estratéxico de Turismo que vai ser aprobado no pleno deste mes”. A presidenta provincial asegurou durante esta presentación “daremos a coñecer as liñas estratéxicas e as accións concretas que vertebrarán a promoción turística da nosa provincia nos vindeiros anos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.62