Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 15 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño inicia unha campaña para incrementar as conexións á rede de saneamento

Nos últimos dez anos o goberno municipal investiu 6,5 millóns de euros na ampliación desta rede, incrementando un 40% o acceso ao servizo.

[Img #37434]

 

O tratamento inadecuado das augas residuais xeradas pola actividade humana é unha das principais causas de contaminación das augas subterráneas e unha forma importante para protexer a saúde das persoas. Consciente desta realidade, nos últimos 10 anos o Concello de Tomiño investiu aproximadamente 6,5 millóns de euros en ampliar a rede de saneamento municipal, o que deu como resultado un incremento do 40% no acceso ao servizo.


Mentres que no ano 2007 tan só o 20% das vivendas tiñan acceso á rede, este ano un 70% das casas tomiñesas teñen a posibilidade de conectarse á rede pública de recollida de augas residuais. Porén, deste alto porcentaxe de vivendas con acceso ao servizo soamente están conectadas un 57%, mentres que o outro 13% non se conectou ao saneamento a pesar de ter o servizo dispoñible.


A pesar de ser unha demanda veciñal recorrente e un servizo fundamental, especialmente en aras de mellorar a calidade ambiental e reducir a contaminación a terra e canles de auga, existe “un déficit importante de conexións nalgúns dos tramos realizados”, como sinala a responsable de Medio Ambiente e Optimización dos Servizos Públicos do Concello de Tomiño, María Xosé Vázquez.


Ademais, tanto o Decreto autonómico 141/2012 como o Regulamento Municipal da rede de saneamento obrigan a conectarse a todas as vivendas que conten con acceso á rede a menos de 50 metros da súa propiedade. Por este motivo, o Concello de Tomiño está a realizar unha campaña exhortando aos veciños e veciñas a conectarse á rede ou ben a acudir as dependencias municipais para estudar a problemática asociada a cada caso particular e que pode estar dificultando ou impedindo estas conexións.  


A Concellaría de Medio Ambiente está a realizar unha base de datos na que se detectou que hai barrios nos que menos do 50% das vivendas que teñen acceso ao servizo están realmente conectadas á rede. “A raíz destes datos e cos envíos de cartas a estas propiedades non conectadas, o Concello quere analizar as causas deste déficit de conexións para actuar conseguintemente e traballar xunto con Aqualia, a empresa concesionaria, para mellorar os ratios actuais”, salientou a concelleira de Medio Ambiente.


Actualmente, as conexións realizadas no momento da construción do tramo de saneamento están bonificadas a raíz dun convenio do Concello de Tomiño coa empresa concesionaria, unificando o custe para todos os veciños e veciñas, que ronda os 700 euros con taxas municipais incluídas. Para o concello, o custo da obra por vivenda potencialmente conectable ascende a 2,5 veces do custo que pagan os veciños e veciñas, aínda que “se o cálculo se realiza sobre as vivendas efectivamente conectadas o custo das obras é tres veces superior ao custe que paga cada propiedade pola súa conexión”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.