Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 16 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Manus e o CRA Raíña Aragonta colaboran co Programa de Alimentos

[Img #37438]

 

O Centro de Educación Infantil Manus e o CRA Raíña Aragonta veñen de facer unha aportación para o Programa de Alimentos e de xoguetes de Salceda, resultado de sendas iniciativas solidarias levadas a cabo nos propios centros educativos que consistiron na recollida de xoguetes e alimentos. As familias dos nenos e nenas que asisten a Manus e ao CRA Raíña Aragonta fixeron as aportacións de xoguetes e alimentos, e os nenos e nenas que asisten a ámbolos dous centros foron os encargados de facer a entrega dos xoguetes e alimentos recadados a duas voluntarias da Bolsa de Voluntariado de Salceda.


Ao longo do ano son diversos os colectivos, institucións, empresas e persoas individuais as que fan aportacións de diversa índole para este Programa, que se xestiona a través do voluntariado de Salceda por medio dos Servizos Sociais Municipais.


O Programa de Alimentos de Salceda atende actualmente a unhas 50 familias do Concello, que reciben alimentos en función do número de membros da unidade familiar, con especial atención aos máis cativos. O Programa súrtese fundamentalmente dos excedentes da Unión Europea distribuídos a través da Cruz Vermella, aínda que é básica tamén a aportación de alimentos feita de actos benéficos, festivais, certames… organizados tanto polo Concello como por diferentes asociacións e entidades do municipio. Na época do Nadal realízase tamén reparto de xoguetes ás familias que teñen nenos e nenas, co obxectivo de que nestas datas tan especiais non se quede sen agasallo ningún cativo.


Teresa Pérez, Concelleira de Benestar Social e Ensino: “Os colectivos de Salceda, neste caso os centros escolares seguen a demostrar a súa solidaridade e a súa disposición a realizar este tipo de eventos altruistas. Dende o Concello agradecemos enormemente estes xestos, e dende logo non queremos deixar pasar a ocasión de trasladarlle a Manus e ao CRA Raíña Aragonta neste caso os nosos parabéns por esta iniciativa que levan a cabo ano tras ano”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.