Miércoles, 14 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 19 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Ialma, a voz do Miño dende O Porriño

O Recanto do Miño no programa Luar da televisión de Galicia está representado este ano por Beatriz Gómez

[Img #37497]

 

Beatriz Gómez, que representará este ano ó Recanto do Miño no popular programa Luar da televisión de Galicia e baixo o nome artístico de ‘iAlma’, cantará o vindeiro venres día 22 de Decembro.

 

A porriñesa, veciña de Carracido, é coñecida na comarca pola súa vinculación coa  vida cultural e musical da contorna. Compaxina a dirección das corais “O son dos Cantares” de Tameiga, Mos e “ A Forna” de Budiño, coa dirección de “Emocionarte, escola de artistas”.

 

A vinculación co seu recanto tamén ven da man da música, o ter cursado estudios no Conservatorio Reveriano Soutullo de Ponteareas e sendo membro de diferentes agrupacións musicais da comarca.

 

Nesta ocasión interpretará a coñecida canción “ A Bamba”, peza tradicional mexicana que foi popularizada no ano 1958 por Ritchie Valens. Con ela tentará conseguir o pase á terceira fase que, como cada ano, dependerá da puntuación do xurado (composto por Tania Fuegho, Manuel de Andrade e o artista invitado da noite) e a votación do público mediante chamada telefónica. Para apoiar a iAlma poderán chamar 5 veces por liña ó número que aparecerá en pantalla despois da súa actuación.

 

Esta será a segunda vez que pise o escenario de Luar dentro do concurso logo de estrearse, o pasado mes de novembro, coa canción “Torre de Area” de Marifé de Triana.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.