Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 19 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
Entrevista ó Deputado Provincial e Portavoz do Grupo Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila

“A xestión de Besada á fronte do Goberno Municipal é un completo desastre”

Davila fai oposición no Concello de Salceda de Caselas dende hai máis de dez anos e acaba de incorporarse coma Deputado Provincial polo Partido Xudicial de Tui na Deputación de Pontevedra.

[Img #37498]

 

Tras os primeiros meses como Deputado Provincial, cáles son as súas sensacións sobre o Goberno?

 

En primeiro lugar é preciso lembrar que dous partidos (PSOE e BNG) con ideas completamente antagónicas uníronse co único fin de gobernar, a pesar de perder as eleccións. O certo é que o Goberno de Carmela Silva recórdame ó Goberno Municipal de Salceda: populismo, pancartas, publicidade, mentiras e falsos sentimentos. Este Goberno debe deixar de culpar ós demais e comenzar a cumprir coseu deber: traballar para intentar resolver os problemas e atender as necesidades dos veciños e veciñas da provincia.

 

Qué opinión lle merecen as axudas do “Plan Obras Singulares”?

 

Inxustas e insolidarias. Este é claramente un Plan de libre designación camuflado, cunhas bases que premiaban dende un inicio ós proxectos que estaban preparados polos gobernos socialistas da provincia. Os datos son contundentes: dos 12 proxectos presentados por gobernos do PSOE, 11 foron APROBADOS (60%); dos 22 proxectos presentados por gobernos populares, tan só 10 foron aceptados (23%); dos 5 do BNG 3 aprobados (14.6%) e dos 4 presentados por Independentes tan só 1 aprobado (2.8%). Que os cidadáns e lectores deste xornal saquen as súas propias conclusións.

 

Qué propostas ten en mente para presentar ó Goberno sobre os Concellos do Partido Xudicial de Tui?

 

O máis importante é que se retome o Plan de Acción Municipal que tanto benificiou ós diferentes colectivos e asociacións veciñais das nosas parroquias. A través deste Plan puidéronse facer moitas obras de mellora: centros culturais, instalacións deportivas, igrexas, cemiterios, traídas de augas, compra de instrumentos musicais, etc.

 

Cántos euros leva investido a Deputación Bipartita directamente nos colectivos para obras, melloras e mantementos dende que chegou ó Goberno? Que lle pregunten ós representantes dos diferentes colectivos cánto teñen recibido, porque, polo menos en Salceda, todavía non se viu unha obra.

 

 

Ademais de Deputado Provincial, como voceiro e presidente do Partido Popular de Salceda de Caselas, qué pensa da xestión do actual Alcalde?

 

Os salcedenses estivemos máis de dez anos agardando a que o Alcalde solventase os problemas relacionados ca tramitación urbanística para a construción do Centro de Saúde, ademáis de soportar as súas mentiras sobre o tema. Unhas mentiras que quedaron ó descuberto tanto cos numerosos documentos oficiais que demostran que tiña os deberes sen facer como cas declaracións que o Conselleiro fixo o pasado 4 de decembro na súa visita a Salceda asegurando que non se puido construir antes polos problemas urbanísticos da parcela.

 

Dende o ano 2011 ata o 2017 subiu a urbana (IBI) nun 27,5%, e para o vindeiro ano subirá un 8% máis. é dicir, acumulará un 37,75% de subida. Besada ten ás parroquias completamente abandonadas, a programación de verán e a de Nadal deixa moito que desexar. Este Alcalde non foi quén de aumentar os efectivos de Policía Local en 11 anos, nin de aceptar e consensuar o Plan Xeral. Ten ó Concello empeñado por un valor superior ós 3,5 millóns de euros, perde subvencións públicas, ten ós traballadores do Concello sen convenio laboral, sen unha relación de postos de traballo aprobada… Por non falar dos cartos de entradas cobradas ós veciños por

actuacións no Auditorio Municipal que non aparecen por ningures.

A xestión de Besada á fronte do Goberno Municipal é un completo desastre e as mentiras comenzan a acumulárselle.


Polo que sabemos, o pasado mes de xuño, denunciaron ante á opinión pública "O Caso Auditorio". Pode comentarnos cál é a situación actual?

 


Como xa comentamos, o Caso Auditorio é a desaparicion dos cartos que os veciños pagaron por ver tres actuacións no Auditorio Municipal no ano 2016 e que nunca foron ingresados nas contas do Concello, tal e como especifica o informe da Sra. Interventora do Concello. Na actualidade, estamos no trámite de fiscalización política. De non aparecer os cartos, de seguro, remataremos no xulgado. O Alcalde ten que dicir ónde foi parar ese diñeiro, en qué os gastou ou quén os levou.

 


E para rematar... un desexo para o ano 2018

 

Saúde para todos/as e que os retos, soños e ilusións de cada quen, se vexan cumpridos no ano 2018. Bo Nadal!

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.