PONTEAREAS
I Torneo Solidario de Bádminton en Ponteareas
O Club Bádminton Ponteareas en colaboración co Concello de Ponteareas, organiza este vindeiro domingo 17 de Decembro o I TORNEO SOLIDARIO DE BÁDMINTON.
![[Img #37520]](upload/img/periodico/img_37520.jpg)
O Club Bádminton amosa o seu lado máis solidario e convida a toda a veciñanza a participar coa achega de axuda nesta iniciativa pioneira na provincia de Pontevedra ao ser o primeiro torneo solidario de bádminton.
Co obxectivo de concienciar, sobre todo á mocidade, da importancia de axudar aos que máis o necesitan, fixan unha cita con todos os veciños e veciñas no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas desde 9:30h ata as 13:30h aproximadamente.
Preto de 100 deportistas de diferentes centros educativos da zona do Condado, A Paradanta, Vigo e Valmiñor veránse as caras na pista.
A inscrición é aberta e gratuita e tan so deben achegar un produto de comida non perecedeira. O público en xeral e todos e todas aquelas que o desexen poden achegarse ata o pavillón para aportar o seu gran de area. Os produtos recadados serán doados íntegramente ao CENTRO DE REPARTO DE ALIMENTOS da Concellería de Servizos Socias do Concello de Ponteareas.
Os e as interesadas en asistir deben ter coñecementos básicos de bádminton, ter entre 8 a 18 anos e poderán inscribirse a través do correo electrónico cbponteareas@yahoo.es ou 609927471.
O concelleiro de Deportes, Benito Fernández, felicita ao club pola súa iniciativa e anima a veciñas e veciños a asistir a este evento solidario que ten o fin de axudar aos máis desfavorecidos nestas datas tan sinaladas do Nadal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180