VIGO
Ofeitoaman cita de referencia da artesanía de Galicia no Nadal
Ata o 5 de xaneiro a Estación Marítima da cidade viguesa convértese no epicentro da comercialización de Artesanía de Galicia.
A trixésimo terceira edición da Feira de Artesanía Ofeitoaman de Vigo, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, abre a súas casetas na zona exterior do Centro Comercial A Laxe, fronte á Estación Marítima de Trasatlánticos do porto vigués, coa participación de 20 obradoiros artesáns de Galicia e un de Portugal.
Esta mostra, organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), conta co apoio da Xunta, a través da convocatoria de axudas para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán.
É un dos eventos máis emblemáticos da Comunidade que este ano chega á súa trixésimo terceira edición coa participación de 20 obradoiros artesáns galegos e un de Portugal
Os expositores de Ofeitoaman son obradoiros rexistrados no Rexistro Xeral da Artesanía de Galicia e presentan obras acollidas baixo a marca oficial Artesanía de Galicia, que garante a súa cualificación e orixe. Este ano, ademais dos expositores habituais, participan por primeira vez tres novos obradoiros: Paznavas da Coruña, con complementos artesáns; Rosa Fraiz, ourive de Vigo; e Nuria Benlloch, deseñadora e artesá de Vigo, que presenta complementos de moda.
A Feira supón unha proposta de mercado de Nadal monográfico, no que os obradoiros participantes presentan as súas creacións orixinais directamente ao público, como unha alternativa cargada de autenticidade, fronte a outros agasallos máis convencionais. Toda a información sobre os expositores pode consultarse na web da Feira: www.ofeitoaman.org
O evento permanecerá aberto ata o día 5 de xaneiro, pechando os días 25 de decembro e 1 de xaneiro. O horario de visita é de 11:00 horas a 14:00 horas e de 16:30 horas a 21 horas (os días 24 e 31 pechará ás 19 h).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101