O PORRIÑO
COGAMI informa a alumnado de O Porriño sobre a prevención de lesión medular
A través destas charlas de prevención e sensibilización preténdese informar e asesorar sobre a importancia de evitar condutas de risco.
Este mércores, 20 de decembro, a partir das 10:30 horas, Xulia Garrido, a Traballadora Social da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), impartirá tres charlas de prevención de lesións medulares no IES Pino Manso de O Porriño.
Xulia Garrido irá acompañada dun voluntario de COGAMI, Iván Pombo, quen contará a súa propia experiencia como persoa lesionada medular que é, e ademais, responderá a todas as cuestións e curiosidades que lle acheguen os menores.
Esta xornada de sensibilización contará tamén cunha exposición teórica sobre as secuelas de lesión medular, como asumir e superalas ademais dunha descrición sobre as barreiras arquitectónicas e sociais que existen.
O obxectivo destas charlas é concienciar á mocidade da importancia da prevención de situacións de risco como poden ser os mergullos en zonas de perigo ou realizar manobras perigosas nunha bicicleta, monopatín ou nun ciclomotor, por exemplo.
Con estas charlas inténtase contribuír á paulatina redución dos índices de discapacidade adquirida na poboación en xeral, e entre a mocidade en particular. É unha actividade que desenvolve COGAMI e que está orientada a colexios, institutos, centros universitarios e centros laborais co obxectivo de concienciar aos grupos de risco –mocidade, deportistas, profesionais- sobre as situacións de perigo máis evidentes como poden ser os accidentes domésticos, as caídas, os mergullos en zonas perigosas e os hábitos de prevención.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191