PROVINCIA
Príncipe Felipe deixará de acoller menores violentos
A Cidade Infantil Príncipe Felipe, centro dependente da Deputación de Pontevedra, deixará de acoller desde o vindeiro 1 de xaneiro menores violentos e conflitivos. Así o anunciou este mes a deputada delegada do centro, Eva Vilaverde, quen sinalou que a Xunta de Galicia renuncia a facer uso do Servicio da Unidade de Primeira Acollida (UPA) de Príncipe Felipe e acata que os informes técnicos do persoal provincial sexan determinantes á hora de decidir a entrada ou saída de menores do centro.
Ambas cuestións serán recollidas no novo convenio acordado entre a Deputación e a Xunta que se asinará neste mes de decembro e terá vixencia desde o un de xaneiro, e manterá practicamente a mesma achega orzamentaria (782.000 euros) por parte da administración galega. "Hai cinco meses dixemos que a situación de violencia sistemática en Príncipe a íamos solucionar dunha maneira ou doutra, e penso que con este acordo cumprimos o compromiso", manifestou Eva Vilaverde, que destacou que se eliminaron as cláusulas abusivas do anterior convenio, o que supón "unha mellora extraordinaria".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103