VIGO
A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Vigo elixe a Brais Ruanova como novo Responsábel Comarcal
Ponse así á fronte da Responsabilidade primeira da Comarca a once meses da seguinte Asemblea Nacional de Galiza Nova.
O pasado sábado 16 de decembro, a Asemblea Comarcal de Galiza Nova Vigo elixiu a Brais Ruanova como novo Responsábel Comarcal. Substitúe así a Jessica García, anterior persoa encargada do cargo e que decidiu deixalo por motivos persoais. Así, Ruanova exercerá a Responsabilidade até polo menos a seguinte Asemblea Nacional de Galiza Nova (previsibelmente en novembro de 2018), cando será a quenda de renovar ou reelixir ás persoas que ocupan as Responsabilidades en todo o país.
O novo Responsábel apunta a que “a Comarca de Vigo vén dun aumento de militantes e simpatizantes nos últimos tempos e que polo tanto é o momento de traballarmos xuntos por unha nova Galiza. O noso obxectivo é ser a forza da mocidade nunha Comarca na que está esquecida a política xuvenil”. Así mesmo, recoñece que “a anterior Responsábel Comarcal deixou o listón de traballo moi alto e agardo poder facerlle xustiza, co apoio da mocidade da Comarca”.
Xunto a Brais Ruanova, continúan as persoas elixidas dende a anterior Asemblea Nacional en novembro de 2016: Brais Ferreiro como Responsábel Comarcal de Organización, Nerea Edreira como Responsábel Comarcal da Asemblea de Mulleres e Xabier Portas como Responsábel Comarcal da Asemblea LGTBI.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61