Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 20 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

“Mulleres en Acción. Violencia zero” fai en Mos un chamamento ao compromiso na loita fronte as violencias machistas

A poetisa Tamara Andrés interpretou a súa acción poética “O devezo da balea”, coa que interactuou cos alumnos e alumnas do IES de Mos que encheron o Multiusos.

[Img #37710]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e pola deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, asistiu, no Multiusos As Pozas, á cuarta intervención artística do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

 

No acto, ao que asistiron máis dun centenar de alumnos e alumnas da ESO e de bacharelato do IES de Mos, Carmela Silva explicou que este programa “pretende ser un berro a favor da igualdade e en contra das violencias que sofren as mulleres.” A presidenta da Deputación tamén subliñou que a súa creación motivouse porque “estamos ante unha das cuestións máis duras coas que a nosa sociedade ten que enfrontarse, que as mulleres sufran violencias de todo tipo e que en moitos casos estas acaben en asasinatos é algo terrible.”

 

A protagonista da acción artística foi a poetisa Tamara Andrés, que chegou a Mos coa súa acción poética “O devezo da balea”. Antes da actuación, durante as intervencións previas, Carmela Silva quixo facer un repaso da grave situación que vive o noso país ao respecto das violencias machistas e resaltou que “os datos son os que marcan a realidade e por iso hai que relatalos. Levamos 52 mulleres asasinadas durante este 2017. Amais, 8 menores foron asasinados e 24 menores de idade quedaron orfos e orfas. Desde 2007 716 mulleres foron asasinadas e dende que hai estatísticas, dende o ano 2003, 917 mulleres. Isto supón que hai más vítimas da violencia machista que asasinatos motivados polo terrorismo.”

 

 

 

 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrou a súa preocupación polos datos “arrepiantes e preocupantes” que reflicte a memoria da Fiscalía de Galicia

 

 

 

 

En canto á intervención artística, Tamara Andrés levou a cabo unha acción poética para a que empregou textos extraídos dos poemarios “Recuperar as mans” (título recuperado de María Xosé Queizán) e “Corpo de Antiochia”. A través dos conceptos "casa", "xardín" ou "mar" a autora creou unha narrativa poética persoal da figura feminina, onde as imaxes fílmicas cobran especial relevancia. Ao longo da peza móvese o foco sobre a capacidade creadora e a liberdade feminina. Na súa actuación, Tamara Andrés interactuou co seu público, todos os alumnos e alumnas puideron lanzar a súa mensaxe sobre a desigualdade e as violencias machistas escribindo nuns papeis que posteriormente foron lidos pola poetisa.

 

Carmela Silva aproveitou o acto para mostrar a súa preocupación polos datos arroxados pola memoria publicada pola Fiscalía de Galicia, pois “ son arrepiantes, empeoramos respecto aos últimos anos e aumentan os comportamentos machistas entre os máis mozos, por iso estas accións, que nos permiten reflexionar, abrir o debate e traballar logo nas aulas, son fundamentais.” A presidenta tamén dirixiuse ao alumnado do IES de Mos afirmando que “sodes o futuro e tedes que ser os máis comprometidos e comprometidas na loita contra as violencias machistas.”

 

Para rematar, a presidenta tivo unhas verbas de agradecemento para Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, por “ser o primeiro concello que se adheriu á guía de linguaxe inclusivo impulsado dende a Deputación. O que non se nomea non existe e nós traballamos para que ás mulleres se nos nomee”. Pola súa banda, Nidia mostrouse moi satisfeita “de que a Deputación de Pontevedra puxese en marcha este programa. É unha tristeza que teñamos que saír a reivindicar a loita contra a violencia machista pero esta é a realidade e as institucións temos que traballar para erradicar da sociedade estas violencias machistas.”

 

“Mulleres en Acción. Violencia Zero” reúne o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero.

 

Esta terceira edición comezou en novembro de 2017 e novamente se celebra este ano en 25 concellos da provincia (Vigo, Pontevedra, Cerdedo-Cotobade, Mos, A Lama, Forcarei, As Neves, Lalín, Cambados, Ponteareas, Barro, A Cañiza, Valga, Silleda, Catoira, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Bueu, Moaña, O Porriño, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Mondariz e O Rosal).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.